Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) Creámo-los nosos carnets QR para usar o calendario e levar libros para casa

Desde este curso, as nosas tarxetas co nome, convertíronse en "carnets cun código QR", que nos permiten acceder á xestión do noso calendario online e facer o préstamo de libros da biblioteca de aula.

Para facelos tivemos que pegar a nosa foto, e selar co "estampador" oficial de INFANTIL 2.

 

Escribimos o noso nome no ordenador, en letras "grandes" de cor VERDE, que posteriormente imprimimos. Como xa somos uns expertos, os de máis idade fomos quen de facelo sen axuda, e de axudar os novos compañeiros.

 

Na parte de atrás pegamos o código QR de cada un de nos.

 

E por suposto, como en todo carnet que se preza, escribimos a nosa sinatura.

 

Agora tan só temos que pasar o noso carnet por diante da webcam, tanto no calendario online como na aplicación de rexistro da bibliteca de aula, e aparece a nosa foto e rexistra os nosos datos.

 

Deste xeito, ademáis de conseguir imprimir a portada do libro, escribindo o seu número, usando o noso carnet QR tamén irá contando cantas veces levamos cada libro... así poderemos logo "contar" e comparar cal foi o noso preferido.

 

Coa foto impresa, continuamos a empregar o libro de rexistro de préstamos, onde escribimos o título do libro, o seu número e o nome do día da semana (ou mes) en que o levamos, aínda que os máis pequenos so pegan a portada e tentan escribir o seu nome, eso si a portada tamén a consiguen imprimir na aplicación informática.

 

Se eres mestre e queres empregar estes recursos na túa aula, tan só terás que rexistrarte na web www.recursoseducativos.net (creada polo mestre de Educación Infantil 2)