Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) De volta na aula: ponémonos en marcha

Continuando coa nosa "adaptación á aula e grupo" e para poñer a aula "ó noso gusto", ademais do que xa vos comentamos nunha entrada anterior, tamén sucedeu todo isto nas primeiras semanas:

 

FACEMOS AS NOVAS BANDEXAS PARA A MERENDA:

Nos primeiros días de merenda decatámonos que tiñamos que voltar a facer a nosas bandexas, como as que tiñamos o curso pasado. 

 

Nesta ocasión estampamos as nosas mans, coa colaboración dun compañeiro. Había que estampar 3 mans coas cores que ambos acordáramos.

 

Coa máquina plastificadora, convertimos as cortolinas en bandexas resistentes de plástico.

 

Así de chulas quedaron, pegando tamén a foto dos nosos personaxes de debuxos animados favoritos: Patrulla canina, Patricio, as Winx ou Pepa Pig... hai de todo.

 

 

ESCRIBIMOS O CARTEL CO NOME DA NOSA AULA:

Para que todos e todas soubesen quenes estamos en INFANTIL 2 nese curso, creamos un cartel para poñer na porta.

 

Cunha foto do grupo e escribindo INFANTIL 2 coas letras móviles de estampar, creamos o noso cartel indicador, con forma de frecha.

 

Agora todos e todas saberán onde atoparnos e poderán deixarnos correspondencia no noso buzón.

 

COMEZAMOS O NOSO DIARIO DA AULA:

Neste novo libriño, iremos contando ó longo do curso todo o que suceda na nosa aula, pegando fotografías e escribindo en cada unha delas.

 

Coa axuda dos maiores demos completado as primeiras páxinas, coas fotografías e textos do que sucedeu nestes primeiros días.

 

De vez en cando, os venres xunto con libro da biblioteca, levarémolo para casa para que poidamos comenalo coas nosa familias. Eso si non deberemos esquecernos de traelo de volta para seguir completándoo.

 

PRIMEIRA VISITA Á AULA DE INFORMÁTICA:

Subimos por primeira vez á aula de informática onde, novamente, os máis veteranos nos comentaron todo o que alí se podía facer.

 

VOLTA UN COMPAÑEIRO DESPOIS DO SEU "ACCIDENTE"

Despois de dous días o noso novo compañeiro DAVID sufriu unha caída e non puido vir ó colexio, despóis duns días por fin voltou e puidemos recibilo "cos brazos abertos" (aínda que con coidado de non mancalo ;) )

 

 

CREAMOS OS NOVOS BUZÓNS PERSOAIS:

Para que cada un de nós poida recibir cartas e notas escritas por outros compañeiros, creamos uns novos buzóns personais. Este curso sond e madeira, pero tiñamos que pitalos da cor que quixeramos.

 

Coa pintura que sobrou de "cando pintamos como Keith Haring" (coñece este proxecto do curso pasado desde aquí), fomos pintando os nosos buzóns, eso sí, ben preparados para non marcharnos.

 

Tan só quedaba deixalos a secar....

 

... e así de fantásticos quedaron rematados. Tan só nos queda poñerlle o noso nome para comezar a recibir correspondencia persoal. Pero iso xa o iremos contando en próximas entradas deste blogue.

 

 

NON NOS ESQUECEMOS DE SEGUIR SEPARANDO PARA RECICLAR:

Agardamos que nas vosas casas tamén o fagades, porque na aula seguimos a separar o lixo para poder reciclalo... e cando están cheas as nosas "papeleiras" toca valeiralas no  contedor da cor correspondente.

 

 

BEEBOT... SEGUES AHÍ?

Pobre Beebot, todo un verán soiño na aula, menos mal que é un robot e aguanta de todo ;).

Comezamos a "xogar" con el para explicarlle como funcionaba ós novos compañeiros, a quenes estamos seguros que lles encantou.

 

Tamén xogamos a buscar a letra inicial do noso nome, dándolle instruccións para chegar ata ela... menos mal que non se nos esqueceu como "programalo" ;) 

Podes atopar máis información sobre os noso robots educativos desde aquí.

 

E POR FIN.... O PAVILLÓN!!:

Este curso, cada luns, baixamos ó pavillón para desenvolver a nosa psicomotricidade, e sobre todo pala pasalo de medo;)

 

O primeiro día exploramos e probamos todo o material... eso si ordeándoo ó rematar.

 

E no seguinte oranizámonos por equipos para "seguir o camiño da liña dunha cor", coordinando os movementos para non chocar co outro equipo... incluso cando se cruzaban as liñas.

 

Tamén clasificamos aros por cores... e iso que estaban todo mesturados.

 

Así foron os primeiros días en INFANTIL 2, aínda nos queda moito por descubrir ó longo deste curso: haberá unha chea de "bichos", "faremos debuxos animados", "coñecermos nenos e nenas de todo o mundo", "buscaremos un retrato", "seremos xornalistas, escultores...".... e moito máis.

Segue o noso blogue ó longo deste curso e descubrirás todo o que vaia sucedendo. Ata entón non te esquezas mirar as entradas publiadas no curso pasado para lembrar o ben que o pasamos e todo o que aprendimos e descubrimos.