Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014/2015) Fin de curso en EF: Búsqueda.

Como remate de curso na área de EF o alumnado de sexto representou para os demais nenos e nenas do centro a diferentes personaxes relacionados co descubrimento de América, os cales os irían guiando por distintas probas as cales os levarían a atopar o tesouro final.

Todo comezaba... sentándose na máquina do tempo que prepararamos para o Salón do Libro e teletransportándonos !

De seguido apareceu diante nosa un home que se facía chamar Cristovo Colón, co seu globo terráqueo no que tiña marcado o percorrido dunha viaxe que soñaba con facer.

Contounos que tiñamos que axudarlle a convencer aos Reis Católicos , que poderiamos atopar a Doña Isabel  no salón principal do castelo. Despois de pensar decidimos buscala na sá de mestres; e alí estaba!

Despois de contarlle Colón as súas pretensións, e de ver que estaría axudado por tan boa tripulación..., decidiu axudarnos dándonos as moedas de ouro necesarias para embarcarnos en tan longa viaxe.

Para atopalas tivemos que buscar no seu marido...

Xa coa bolsas de moedas puidemos ir buscar ao enxeñeiro naval para que nos preparara as tres carabelas para zarpar.

Encargaunos conserguir telas para as velas, cordas, madeira,....

Pagámoslle polo seu bo traballo e xa só nos quedaba encher os barcos de víveres para soportar os días de viaxe. Ata as bodegas do barco baixamos co mariñeiro para buscar e gardar alí porcos, galiñas, sal, auga,...

-Xa con todos os víveres embarcados comezamos a nosa viaxe ata a India!

Xusto antes de que flaqueaxen as nosas forzas  logramos chegar a terra. Alí atopamos a unha indíxena un pouco especial. Non falaba a nosa lingua e vestía de maneira diferente. Asombráballe calquera cousa nosa o que aproveitamos para cambiarlle as nosas pulseiras, papeis, chaquetas polas que tiña ela na súa cesta.

Así foi como logramos : ouro, animais e froitos exóticos,  alimentos e especias que non coñeciamos...

Olvidóusenos contarvos que levábamos na nosa tripulación unha famosa bióloga da época. Xa que neste tempo non contabamos con cámaras fotográficas nin nada parecido, a única maneira de recoller todos os novos animais, froitos, persoas, ...que íamos atopando para logo contar ao noso regreso era debuxándoos.

E a iso nos puxemos, tantas cousas novas ...entre todos lle botamos unha man!

Tan cheas trouxemos as nosas bodegas que deseguida os piratas comezaron a aparecer. Atacábannos a cañonazos. Non podiamos despirtarnos nin un só momento!

Despois dunha longa viaxe de volta logramos chegar a España. Empezouse a correr a voz de todas as cousas que acadáramos na nosa viaxe e os comerciantes da época comezaron a facer a súa fortuna ao igual que nós con todos estes produtos.

Aquí tedes a señora burguesa ofrecéndonos un feixe de cartos por toda a nosa mercancía.

Cando rematamos de venderlle todo pediunos se podiamos axudarlle a un neno que non paraba de chorar alí cerca. Fomos ata el.

Dicía ser o fillo de Cristovo Colón. Tiña unha carta escrita en galego na que o seu pai, ademais de dicirlle o moito que o quería, deixáballe todas as súas pertenzas e tesouros.

Mais para atopalos tiñamos que descifrar o mapa que alí debuxara. Listos como somos non tardamos en atopar a resposta: na bandeira do barco pirata que teñen os pequenos no parque infantil!

 
               

 

Foi unha longa e dura travesía mais valeu a pena!

Toda unha aventura!

 

Gracias ao esforzo dos maiores do cole!

Eles tamén tiveron o seu premio final: un refrescante xeado e algo doce...

Bo verán!