Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Rematamos un novo curso: Grazas e bo verán a todos e todas!

Chegamos ó final dun novo curso, no que tal como vos fomos contando nas diferentes entradas deste blogue, sucederon moitísimas cousas na aula de infantil 2.

Como sempre, chega o momento de despedirnos dos nosos compañeiros e compañeiras que marchan a primeiro, ós que lles regalamos un marco coa foto do grupo de nenos de 5 anos de ámbalas dúas aulas.

 

Moita sorte a DIEGO, JOAQUÍN, HUGO, YESSICA e NOA, agardamos veñades de visita algunha vez o curso que ven.

  

 

BO VERÁN E GRAZAS A TODOS E TODAS:

Moito foi o que os vosos fillos e fillas viviron ó longo destes meses na nosa aula. Agora que remata o curso gustaríanos agradecer a tódalas familias a súa colaboración e participación en tódalas propostas que vos fixemos. Mil grazas.

Para aqueles que marchan cara primeiro desexámoslle o mellor, e agardamos que vos lembredes de cando en vez de todo o que vivístedes en infantil.

Para os que continuamos un curso máis vémonos en setembro, con novos compañeiros e compañeiras, e novas e fantásticas experiencias que vivir xuntos... tede por seguro que así será.

Recibide todos e todas unha aperta moi forte

MOI BO VERÁN!!

Óscar Abilleira Muñiz

Mestre-titor de Educación Infantil 2