Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Continuamos investigando sobre Keith Haring

Lembra que podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e
investigación, nas seguintes entradas publicadas anteriormente:

16/05/15: (2014-2015) Comezamos a investigar sobre Keith Haring para pintar o colexio: primeira aproximación 

30/05/15: (2014-2015) Primeiros pasos na nosa investigación sobre Keith Haring 

30/05/15: (2014-2015) Primeiras respostas sobre Keith Haring... nunha liña do tempo 

 

A nosa investigación sobre Keith continúa a bo ritmo, durante esta semana buscamos a resposta a catro das preguntas que tiñamos plantexadas... xa que ó longo da mesma participaríamos no pintado do mural que creamos na aula de usos múltiples, como xa vos comentamos en entradas anteriores.

 

APRENDEU A DEBUXAR MIRANDO DEBUXOS ANIMADOS:

Mentras estabamos a buscar a resposta a se estaba vivo ou morto, atopamos entre a información un dato moi curioso: "comezou a debuxar imitando os debuxos animados que miraba cando era pequeno".

Miramos algúns exemplos de "debuxos daquela época" e comezamos a dialogar sobre eles. Se queres velos podes facelo desde aquí.

Calculamos na nosa "liña do tempo" que anos tería cando miraba os debuxos animados, e acordamos ir pegando algúns deles nos momentos nos que tiña "3, 4, 5 e  6" anos coma nós.

 

Para facelo tivemos que ir contando desde o seu nacemento, para saber en que ano tiña a idade da que estábamos a falar.

 

Tamén anotamos estes dato no noso mural da información, pegando "fotogramas" dos diferentes debuxos animados que miraba.

 

E escribindo que aprendera a debuxar mirándoos.

 

Agora todos e todas poderían saber este curioso dato. 

 

 

INVESTIGANDO E BUSCANDO RESPOSTAS A PREGUNTAS TRABALLANDO EN EQUIPOS COOPERATIVOS:

Os equipos cooperativos, que vos presentamos nunha entrada anterior, adicáronse a dar resposta a catro das preguntas que tíñamos anotadas no noso mural da investigación.

 

DE QUE CORES PINTABA A SÚAS FIGURAS?

O equipo POU acordou que o mellor sería buscar entre as súas obras e ir escribindo as cores que ían aparecendo.

 

Estes foron os resultados da súa investigación

 

O equipo LOBO e o equipo NINJA, encargáronse de dar resposta ás seguintes preguntas, respectivamente:

TIVO OUTRO TRABALLO ADEMÁIS DE PINTAR?

QUEN ERA NINA?:

Buscando fotocopias que tiñamos no recanto da investigación, estas foron as súas respostas que, novamente anotaron no mural do xeito que consideraron.

 

Anotamos na nosa liña do tempo as datas das respostas atopadas: a de apertura da "pop-shop" e a da escritura do libro "para Nina".

 

Por último, o equipo PATRULLA CANINA, encargouse de dar resposta a esta pregunta:

 

TIVO FILLOS?:

Descubrion que non os tivera, porque morrera moi xoven, tal como o profe nos foi lendo da biografía de Keith Haring. Cando lía algo que podía servir como resposta pedíamoslle que parase e o voltase a ler de novo.


Tan só faltaba contarlles os nosos descubrimentos ó resto dos equipos.

 

PINTABA AS PAREDES CON PERMISO?

Visionando todos xuntos un vídeo dunha noticia "en inglés" que falaba sobr Keith Haring, que podes ver aquí, descubrimos que fora detido por pintar no metro de New York. Esta era a resposta a unha das preguntas que tiñamos na nosa investigación.

 

Buscamos na nosa liña do tempo a data na que foi detido por "pintar sen permiso".

 

E alí escribimos ese feito tan relevante na vida de Keith Haring. Fíxonos gracia ver que o profe tiña só 2 anos cando o detiveron.

 

Tamén plasmamos este dato no noso mural da información, indicando que ó principio pintaba sen permiso e por iso foi detido, pero que logo "pintaba con permiso en museos", cando se fixo famoso.

 

Debuxamos a cárcere na que cremos que estivo Keith Haring cando o detiveron e tamén o metro onde pintara sen permiso... aínda que nos pareceu que eran debuxos moi chulos os que estaba facendo, e que seguro que se pedira permiso lle deixarían facelo para que "quedase bonito".

 

Aínda nos quedan algunhas preguntas para rematar a nosa investigación, pero antes tiñamos algo importante que facer "participar no pintado do mural da sala de usos múltiples".

 

PARTICIPAMOS NO PINTADO DO MURAL DA AULA DE USOS MÚLTIPLES:

Coa colaboración das nosas familias, participamos no pintado do mural da Aula de Usos múltiples, que era o producto final deste proxecto de investigación, xa que incluía figuras creadas por Keith Haring, ó que estabamos  a investigar.

Podes ver este traballo de pintado do mural e os obradoiros que levamos a cabo na aula na seguinte entrada:

(2014-2015) Pintando usos múltiples e participando en obradoiros coas nosas familias

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.