Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Celebramos os cumpreanos do mes de abril

Este xoves, último día do mes, celebramos os cumpreanos do mes de abril e os  homenaxeados foron Lucas G., Jorge e María.

    

e  o  profe  Óscar!

Unha vez elixida a tarta, e traídos os ingredientes necesarios de casa, os compañeiros/as puxéronse mans á obra.

Comezaron mollando as galletas no leite

    

E de xeito paralelo dúas compañeiras elaboraron a tarta sen gluten.

   

Unha vez extendida unha capa de galletas, engadiron a natilla de vainilla, e logo outra capa de galletas e máis natilla.

E por último, a capa de chocolate para cubrir a tarta.

E a gardalas no frigorífico ata o día seguinte, no que antes de soprar as velas, as decoraron con pedaciños de mazá.

  

As tartas estaban boísimas, e senón mirade esta longa cola para repetir. Daquela, na próxima festa teremos que facer unha tarta máis grande!

    

    

E por último as patacas fritidas, os gusaniños e o zume. Qué rico todo!!