Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) E ademais, no mes de marzo, tamén sucedeu todo isto.

Neste mes de marzo, xunto con todo o que xa vos contamos noutras entradas, tamén sucedeu todo isto na nosa aula: 

 

ESCRIBINDO CÓDIGO PARA PROGRAMAR O BEEBOT:

Continuamos a traballar co noso robot educativo, nesta ocasión descubrimos como programar o beebot "escribindo o código previamente". 

 

Acordando un código común que todos puidesemos entender e léndoo para poder "introducir" as instruccións no robot. 

 

Interpretamos códigos de programación escritos nun esquema da grella, lendo e orientándonos no plano para saber onde colocar os diferentes edificios, lendo o código escrito para "plantexar hipóteses" de onde nos levaría o código, e verificando quen acertou introducindo o código correctamente no beebot, o cal precisaba do traballo e concentración de todo o equipo.

 

Mentras non chegaba o seu turno, os demais equipos crearon os seus "beebots" con plastilina, e así de chulos lle quedaron.

 

NA BIBLIOTECA:

Coa profe Marga continuamos a subir semanalmente á biblitoeca, onde cada día nos leu un libro diferente, sempre máis interesante que o da semana pasada. Como sempre tamén puidemos ler tódolos libros que alí hai preparados para nos.

 

INTERCAMBIOS:

Como ó longo de todo o curso, continuamos os intercambios cada
semana, xuntándonos os compañeiros de 3 anos e os de 4 e 5 por outro.

Nestes intercambios traballamos os de máis idade, nestas últimas semanas, os conceptos de dobre e metade.

 

Tamén levamos a cabo traballos coa serie numérica.

 

LEMOS LIBROS XUNTOS:

Xa somos uns expertos en chegar a acordos, cando semanalmente lemos libros por parellas.

 

 


DESENVOLVENDO A NOSA PSICOMOTRICIDADE:

Xa fose no pavillón, ou na sala de usos múltiples cando chovía, ó longo deste mes pasámolo de medo cos xogos para densenvolver a nosa psicomotricidade.

Percorrendo complicadísimos circuitos de equilibrio.

 

Que logo tiñamos que percorrer de todos xuntos, coordinando os nosos movementos cos dos compañeiros e compañeiras.

 

Facendo punteria para "acertar no número" que queríamos.

 

Colaborando todos e todas, para facer voar o "paracaidas", xa que sen a participación de todos era imposible. Unha vez organizados puidemos facer moitísimos xogos con el.

 

Planificanco, por equipos cooperativos, un xogo para que logo os demáis equipos, por tunos, pasasen por el.

O primeiro foi falar e acordar que xogo faría cada equipo, e que material ían precisar que, por suposto, tiveron que ir a buscar ó almacén.

 

O equipo CABALO decidiu organizar un xogo coas "pelotas saltarinas".

 

O equip TERREMOTO acordou convertir o seu xogo nun partido de baloncesto.

 

Os integrantes do equipo RANA optaron por facer un circuito de "motor" con coches e motos.

 

O equipo POKEMON decidiuse por organizar un xogo con cometas (unhas pelotas con flecos que podías tirar polo aire)

 

Cos xogos xa organizados e preparados por parte de cada equipo, había que estar
atentos a que o profe fixese un sinal, para cambiar ó xogo do equipo que
estaba ó lado. 

 

UN REGALO PARA O DÍA DO PAI:

Para o día do pai elaboramos un chaveiro, feito de masa branca, coa inicial do seu nome.

 

O primeiro foi ir anotando os nomes dos nosos pais, que fomos dicindo (ou buscando) un a un, para logo colocar a inicial do seu nome cunha letra magnética.

 

Fixemos o chaveiro con masa branca e usando unha tapa de plástico como modelo, e premendo con forza letra magnética sobre o círculo resultante xa tiñamos o noso chaveiro feito. Tan só faltaba pintalo "con moito coidado" e con dúas cores o chaveiro.

 

Xa co chaveiro listo, chegou o momento de facer unha caixa para o regalo, e o primeiro foi "analizar" como estaba feita a caixa de modelo, para poder facer unha para cada un.

 

Despois de recortalas, chegou o turno de decoralas empregando cinco cores distintas.

 

Cunha cor distinta en cada un dos cinco dedos.

 

Tamén escribimos unha carta de felicitación, para metela dentro da caixa do regalo.

 

Tan só quedaba cerrala co chaveiro e a carta dentro.

 

Para levala para casa, tivemos que gardala con moito coidado na mochila.

 

 


AS NOSAS MASCOTAS DA CASA:

Habitualmente gústanos traer os nosos peluches á aula, así que pensamos que sería interesante organizar unha "visita" dos nosos peluches favoritos á noa aula, e de paso contar algo de cada un deles.

O primeiro foi escribir unha carta para que os nosos pais e nais nos deixasen traelos ó cole. Nesta ocasión escribímola entre todos no ordenador asinando todos ó pe da mesma.

 

Agora tan só precisabamos facer 13 fotocopias da carta, unha para cada un de nos.

 

Pouco a pouco fomos traendo as nosas mascotas. O seu dono presentouna ó resto dos compañeiros e compañeiras quenes foron facéndolle preguntas sobre ela para poder coñecela mellor.

 

Creamos un mural na porta da aula coas fotografías das nosas mascotas de peluche e o seu nome, para que tamén formasen parte da nosa aula.

 

Encantounos poder xogar con elas na aula.

 

Pero sobre todo no patio do colexio... onde o pasaron de medo. De seguro que os peluches queren voltar outro día ó noso colexio.

 

EXPLICANDO OS EXPERIMENTOS:

Joaquí fixo de portavoz da nosa aula para explicar ós compañeiros de Infantil 2, como facer o experimento do reloxo pataca, que eles querían facer tamén.

 

 

O MURO DAS PALABRAS:

O noso diccionario continuo medrando co muro das palabras, agora os de tres anos xa participan na súa confección, sempre en parellas acordando e colaborando no traballo.

 

FIXEMOS O BOLETÍN E PREPARAMOS OS TRABALLOS DO TRIMESTRE:

Na última semana semana do mes de marzo, como cada trimestre, elaboramos de forma individual o noso boletín de autoavaliación: "As novas da escolar", que os vosos fillos e fillas levaron xunto cos seus traballos para casa.

Dentro deste boletín, no que cada un plasmou o que sucedeu ó longo destes últimos meses, incluímos como cada trimestre, unha folla explicativa elaborada polo mestre que tamén podes descargar en pdf aquí.

 

Metimos tanto o boletín como os nosos traballos do tirmestre (agás o dossier da investigación sobre Chaplin que aínda non rematamos) nas nosas carpetas, para poder levalos para casa o último día antes das vacacións.

AdxuntoTamaño
As novas da escola: folla interior pdf736.91 KB