Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Chegou a primavera: explorámo-la natureza e a nosa árbore tamén cambia

Despois de moitos días agardando por fin chegou a primavera, durante a asamblea dese día estivemos falando do que sucedía nesta estación, e entre outras cousas lembramos que era a época na que nacían as flores e na que voltaban os paxaros, que marcharan no inverno. 

 

Saímos ó patio do centro para explorar e fotografar tódalas flores que había polos xarndíns, e que acababan de nacer.

 

Tamén estivemos obsrvando as árbores do patio, e nalgunha delas, se as mirábamos moi de preto descubrimos como comezaban a aparecer os brotes das follas que estaban a piques de aparecer.

 

Algunhas árbores, que durante o outono quedaron sen follas, voltaron a recuperar "as súas follas".

 

 

ARRANXAMOS A ÁRBORE DA NOSA AULA:

A árbore da nosa aula estaba xa bastante estropeada e, coa chegada da primavera, pensamos que sería un bo momento para arranxalo.

Con "churros" feitos de papel de xornal, e organizados nos equipos cooperativos comezamos a traballar de forma coordinada.

 

Cada equipo tivo que "acordar" onde poñer os seus "churros" de papel, de forma que se fose cubrindo a árbore.

 

Do mesmo xeito, tamén por equipos, cordamos como podíamos pintar a árbore arranxada.

 

Así quedou a nosa árbore xa "restaurada", que xa estaba preparada para chegada dos paxaros de papel.

 

 

A NOSA ÁRBORE ÉNCHESE DE PAXAROS DE PAPEL:

Seguindo as instruccións que atopamos nun libro da biblioteca de aula, no que explicaba como facer moitas figuras con papiroflexia, intentamos facer algunha delas.

 

Entre as figuras que había estaban unhas paxariñas de papel. Pareceunos moi boa idea retirar as follas do outono da nosa árbore, e poñer no seu lugar unha chea de paxariñas de papel.

 

Cada equipo cooperativo acordou, e decidiu, que tres cores ían empregar para pintar as paxariñas.

 

Finalmente cada equipo tamén tivo que organizarse para pintar as catro paxariñas que lles correspondían.

 

Así quedaron algunhas das paxariñas xa pintadas.

 

Unha vez secas pendurámolas da nosa árbore.

 

Agora tamén chegou a primaver á nosa árbore, e por iso está cheo de paxariñas de papel.