Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Outro experimento feito na aula- O ovo de goma

Noutra entrada vos falamos dalgúns experimentos que fixemos na aula e cos cales traballamos para participar no Salón do Libro.

Unha vez feito o noso traballo, continuamos a facer algúns experimentos máis. Con todos eles seguimos os mesmos pasos que cos anteriores, dialogando sobre o que supoñíamos que íamos facer con ese material, establecendo hipóteses sobre as causas ou por qués do comportamento dalgúns deses materiais ou dos procesos, e despois de experimentalo nós, rexistrándoo no noso dossier.

O experimento do que vos falaremos é:

O OVO DE GOMA OU "OVO SALTARÍN".

Os materiais utilizados: un ovo, un vaso e vinagre.

Como sempre facemos, tocamos, ulimos e probamos, neste caso o vinagre e a todos nos sabía bastante "ácido", como se queimase, polo que a maioría pensamos que o vinagre queimaría o ovo, dalgunha maneira.

                       

           

Despois de tapar por completo o ovo con vinagre e etiquetalo co nome do grupo, deixámolo uns días en observación para ver o que sucedía. Sabíamos que algo sucedería e que tiñamos que esperar uns días pois este experimento xa o fixeran en infantil 2 e algo de información xa nos chegara.

  

Tamén metimos un ovo en auga e ese sería o noso "ovo de control", para comparar o que lle sucedía na auga co que lle sucedía no vinagre.

E esperamos....pero durante eses días de espera, alguén preguntou que lle sucedería ó ovo se o sumerxíamos noutros líquidos ou sustancias como por exemplo....auga con sal, leite, zume de limón, kas de limón, akuarius de laranxa, coca cola, viño tinto, maionesa e ketchup.

Así que fomos engadindo vasos con estes diferentes líquidos onde sumerxíamos un ovo.

     

auga con sal

zume  de  limón                     coca cola

  

aquarius                               kas limóns

            

maionesa                   salsa agridulce

e observamos o que sucedía...

                       

Co ovo que estaba metido en vinagre, todos os dos equipos observamos que lle desaparecera a cáscara e parecía como de goma, se o tirabas suavemente sobre a mesa ou o chan, rebotaba dando pequenos saltiños, aínda que se o tirabas de máis alto, rompíase e era exactamente igual que os ovos. É dicir, por dentro non houbera ningunha transformación.

 

Así o reflexamos no dossier              

    

           

Tamén probamos a ver cómo se observaba este ovo tan especial a través da luz

   

e nos deixou asombrados descubrir que sendo así, como de goma, a través da luz se apreciaba moi fácilmente a xema, que estaba no interior.

                  Ademáis fumos rexistrando con qué materiais o ovo experimentaba algún cambio, como neste caso co vinagre.

Co zume de limón observamos que lle sucedía o mesmo que co vinagre, se volvía blandiño, como de goma e caíalle a cáscara. Deducimos que como o limón é tamén ácido como o vinagre, por iso lle pasara o mesmo, pois a profe explicáranos ao final do experimento, despois de facer as nosas deduccións, que un compoñente do vinagre, facía que a cáscara se descompuxese ou desfixese.

        

O ovo que estivera sumerxido en coca cola tamén sufriu cambios pois volveuse de cor oscura, como a cor da coca cola.

         

Outro que se volveu moi oscuro e ademáis coa cáscara moi áspera, con pequeñas burbulliñas pegadas foi o sumerxido no viño tinto (o da esquerda).

E houbo dous ovos que perderon a súa cor, quedando de cor branca, o ovo sumerxido en salsa agridulce e o sumerxido en kas limón.

Isto tamén no anotamos no noso rexistro dos cambios.

(pendiente de foto).

E os ovos que non sufriron cambios foron os sumerxidos en leite, auga, auga con sal, aquarius e maionesa.

Encantounos facer este experimento e comprobar cómo determinadas sustancias poden actuar sobre outras.