Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

TAREFA " OS ECOSISTEMAS"

Hola a todos/as:

Como estamos inmersos no traballo por TAREFAS e temos que investigar e afondar moito presentámosvos un traballo feito polo alumnado de 4º curso, onde titora e especialista en PT aunamos esforzos para traballar contidos e procesos a desenvolver co alumnado vinculado coas competencias clave e á vez, conseguir dar unha resposta á diversidade presente na aula.

Probamos a deseñar esta TAREFA sobre os ECOSISTEMAS, con un producto final de relevancia, que foi a EXPOSICIÓN ORAL do traballo feito polo alumnado e, que, temos que dicir que nos cundiu a reo. Traballamos en equipo, aprendemos xuntos, investigamos, debatimos, decidimos e o resultado final concluímos que foi moi bo,  polo que continuaremos nesta liña.

Os puntos fortes deste traballo e que consideremos interesanta destacar son: a busca e tratamento da información, a integración da totalidade do alumnado na tarefa, e, a importancia que tivo a exposición oral para o alumnado. De aí avaliamos e sacamos conclusións moi válidas para a nosa práctica educativa.

Deixámosvos o" mapa da tarefa" coas actividades e exercicios feitos así como algunhas imaxes ó respecto.

 




ACTIVIDADE
1:

Investigamos
termos relativos ós ecosistemas

ACTIVIDADE
2

CREAMOS
A EXPOSICIÓN SOBRE O NOSO ECOSISTEMA PARTICULAR

ACTIVIDADE
3

SESIÓN
DE EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Exercicio 1:

Debate sobre termos dos
ecosistemas.

Técnica empregada:

Mesa
redonda”

Exercicio 2:

Busca de definicións
sobre os ecosistemas.

Técnica empregada:

Lápis ó centro”,
“ Folio xiratorio”, “ Parada de tres minutos”

Exercicio 3:
Elaboración de esquema para estudio sobre os ecosistemas.

Mapa conceptual a 4
bandas”

 

Exercicio 1:

Visionado de vídeos
sobre ecosistemas e resposta a preguntas de comprensión sobre os
mesmos.

Técnica empregada:

O apadriñamento de
preguntas”.

Exercicio 2:

Selección do ecosistema
sobre o que traballar.

Exercicio 3:

Busca de información

Exercicicio 4:

Organización da
inforamación en base a mapas conceptuais.

 

Exercicio 1:

Selección
de datas para a exposición de equipos. Organización de
agrupamentos e orde de actuación.

Exercicio 2:

Elaboración
de paneis visuais coa información.

Exercicio 3:

Organización
da exposición por equipos para a exposición.