Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Rematando a investigación sobre Chaplín para comezar a preparar a rodaxe da nosa película

Podes ver as entradas publicadas anteriormente sobre este proxecto de traballo e investigación, nas seguintes ligazóns:

27/11/14:  Comezamos a investigar sobre Chaplin para rodar a nosa propia película 

5/12/14: Resolvendo máis preguntas sobre Charles Chaplin

24/01/15: (2014-2015) Xogamos a pensar coas películas de Chaplin durante a nosa investigación

 

Despois dunhas semanas nas que, por estar metidos noutras tarefas, non puidemos seguir coa investigación sobre Charles Chaplin e o cine, de cara a rodar a nosa propia película; por fin puidemos continuar o proxecto de traballo dando resposta ás preguntas que aínda quedaban pendentes.

 

Como se fai unha película?

Esta era unha das preguntas pendentes na nosa investigación, investigámola todos xuntos partindo dunha información que trouxera Laura e que estaba no noso recanto da investigación.

A medida que a fomos vendo, na pantalla, o profe ía lendo como explicaba que facía falta e como se facía unha película, iamos anotando nunha listaxe tódalas persoas, obxectos e lugares iamos precisar.

 

Mirade que enorme lista conseguimos escribir... facía falla unha chea de persoas, cada unha cunha tarefa concreta e varios obxectos e lugares importantes.

 

Agora tan só faltaba pensar como "plasmar" esa enorme cantidade de información no noso mural, como resposta á pregunta... pensamos que o mellor sería buscar "imaxes" de cada unha delas e pegalas no mural xunto ó seu nome. 

Para eso organizámonos por equipos cooperativos e repartímonos as "palabras", co obxectivo de atopar unha imaxe de cada unha delas.

Pero como sempre o primeiro foi "asignarnos" as funcions dentro do equipo, de forma acordada entre todos e todas, asumindo a responsabilidade "do cargo".

 

A primeira delas buscámolas todos xuntos para lembrar como buscar imaxes en google, escribindo a palabra, eso si tiña que estar correctamente escrita senón non aparecía o que estabamos a buscar. 

O equipo CABALO buscou as súas imaxes no ordenador da aula.

O equipo TERREMOTO empregou a tablet da aula.

 

O equipo RANA un portatil.

 

Ó igual que o equipo POKEMON

 

O profe ía gardando nun "pen-drive" as imaxes iamos atopando, para logo poder imprimilas todas xuntas. Unha vez impresas cada equipo encargouse de recortalas, pegalas e escribir o nome correspondente.

 

Para ilas pegando no mural, no apartado reservado á pregunta: Como se fai unha película?

 

E así quedou convertida a nosa listaxe, nunha explicación dentro no noso mural.

 

Catro novas preguntas sobre a vida de Chaplin:

Aínda nos quedaban algunhas preguntas sobre a vida de Chaplin sen respostar, así que repartímonos catro delas entre os respectivos equipos da aula.

O equipo POKEMON tentou atopar a resposta á pregunta de cantos cartos gañou coas películas? e empregou o ordenador.

 

O equipo TERREMOTO indagou sobre Cando fixo as súas películas?, buscando nas fotocopias.

 

O equipo CABALO encargouse de buscar que outros traballos tivo Chaplin ademáis de ser actor de peículas?

 

O equipo RANA foi o encargado de buscar se estivo casado, cantas veces e como se chamaba a súa muller.

Durante a búsqueda descubrimos que non atopabamos a resposta a algunha das preguntas, pero que si aparecía na información de outos equipos, especialmente nun vídeo que atopara o equipo POKEMON na súa investigación, onde atopamos a resposta a varias preguntas. Así que nos ditivemos un anaco para visionalo e tomar nota, cada equipo, cando saía unha resposta á súa pregunta, discriminando a información relevante do resto.

 

Podes ver o vídeo no apartado VÍDEOS do recanto de infantil, ou directamente desde aquí.

Xa coas resposta atopadas chegou o momento de que cada equipo lle contase ó resto os seus descubrimentos, falando e acordando previamente como o ían a contar de xeito que todos e todas participansen.

 

Retratándonos como Chaplin

Tivemos tempo tamén de retratarnos vestidos e maquillados coo Chaplin, para conseguir unha fotografía nosa en branco en negro, na que lle pintamos o fondo de diferentes cores, diferenciándoo da nosa figura.

 

E así quedaron, xunto ós dos compañeiros e compañeiras de INFANTIL 1, os nosos retratos de Chaplin. Somos uns grandes actores non si?

 

Agora tan só nos queda plasmar no noso dossier estes novos descubrimentos, rematar unha última pregunta que nos queda e poñernos mans á obra, agora que xa sabemos como, para planificar a rodaxe da nosa película.

Buscaremos actores, director, perruqueiros, encargados fotografía, de montaxe... entre todos nos. Pero desta aventura xa vos iremos contando as novedades en próximas entradas... agardamos chegar a tempo para a data de estreno da nosa película.