Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Experimento con imáns e historia para o Salón do Libro

O cuarto e último experimento co cal traballamos para o noso libro do Salón foi sobre o magnetismo.

Contábamos cun imán, un clip e un vaso cheo de auga.

e ante a pregunta "podemos sacar o clip de dentro do vaso sen mollarnos?" todos pensamos en meter o imán no vaso directamente. 

Se tiña pouca auga sí podería ser pero o caso é que había outras posibilidades...

Ademáis comprobamos que esta forza é tan forte que o que está pegado a un imán tamén adquire ese "magnetismo" e pode actuar como un imán sobre outro corpo de metal, co cal o imán podería facerse moi longo e chegar a sacar o clip sen mollarnos.

Pero, existían outras posibilidades....

 

   

Despois de darlle voltas e máis voltas e probar  manipulando co imán ó redor do vaso, démonos conta de que cando o imán tocaba o vaso por fora cerca do clip, éste movíase.

   

e prestando moita atención e con moita paciencia cada un de nós demos sacado o clip do vaso, simplemente con tocalo co imán dende fóra, aínda que non había que perder a concentración e o pulso para que non se escapara.

A explicación que atopamos foi que como os imáns atraen as cousas de metal, era tan grande a forza que tamén o podía atraer dende fora.

 

Tamén buscamos pola aula algún material do que utilizamos a diario que puidese ser de metal e probamos cos nosos imáns xigantes. 

         

e nos chamou a atención que unhas moedas sí as atrae e outras non, porque observamos que os materiais cos que están feitas non sempre eran os mesmos según a cantidade que representaba esa moeda.

Cada día buscamos ou atopamos na aula un material que pode ser "magnético" e experimentamos cos imáns para comprobalo.

Rexistramos o experimento no noso dossier, escribindo sobre o que sucedera.

  

(el imán se pegó al clip por fuera).

O equipo dos CUCHILLOS encargouse de ilustrar a historia que entre todos inventamos.

ÉRASE UNHA VEZ E MENTIRA NON É, A HISTORIA DUN PEIXE GATO QUE NADABA NO MAR PRETO DA PRAIA, CANDO DE REPENTE CHEGOU UN HELICÓTERO DOS BOMBEIROS QUE ESTABA APAGANDO UN INCENDIO E ABSORVEU A AUGA DO MAR LEVÁNDOSE TAMÉN AO PEIXE. 

BOTOUNO NO INCENDIO PERO  COMO ÍA NO MEDIO DA AUGA NON SE QUEIMOU.

ATOPÁRONO UNS NENOS QUE O METERON NUN CUBO CON AUGA E O LEVARON A UN ACUARIO E ALÍ SE QUEDOU A VIVIR. E ESTA HISTORIA TAN SENCILLA NON A SABEN NIN EN SEVILLA.

 

   

Tamén se valeron do ordenador para buscar a foto dun helicóptero, comprobando primeiro se podía haber unha imaxe no diccionario de infantil, e así foi!

  

O traballo xa está no Salón do Libro, pero nós seguimos a facer experimentos na aula e  a aprender con eles!

     

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.