Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Experimento da moeda e a vela

Outro experimento feito na aula e co que tamén elaboramos o libro do Salón do Libro Infantil, plantexaba unha pregunta:

PODEMOS SACAR UNHA MOEDA DUN PRATO CON AUGA SEN MOLLARNOS?

Os materiais que empregamos: prato con auga, moeda, vela e mechero, vaso de cristal.

Así o reflexamos no noso dossier:

 

INTUIMOS O QUE IMOS FACER, A RAÍZ
DE VER OS MATERIAIS:

-Vamos a quemar la moneda.

-Vamos a oxidarla y que se caliente.

-Meterla en el agua y que calienteel agua.

-Sí, pero para eso necesitaríamos agua calient.

-Tenemos un mechero.

-Pienso que la moneda se va a oxidar porque el metal se oxida con el agua.

 

Ante a pregunta de si PODEMOS SACAR A MOEDA  SEN
MOLLARNOS?
Todos pensamos que sí

-Con un trapo/ con un papel/ noo, que el papel se moja y se derrite/ el trapo también se moja/  pero no se derrite como el papel/ hay que encender la vela/ al encender la vela se quema el vaso/ el fuego con el agua se apaga/ se va a poner la moneda ardiendo/ se va a calentar el vaso y va a quemar el agua.

 

Finalmente comprobamos o que sucede, e efectivamente  podemos facelo porque ó encender a vela e tapar o vaso, cando a vela se apaga, empeza a meterse a auga dentro  do vaso.

       

A maioría pensamos que é porque o vaso se quentou pero non atopamos máis explicación.

 

A explicación científica é a seguinte:

O VASO ESTABA CHEO DE OSÍXENO. Ó ACENDER A VELA, O LUME QUEIMA O OSÍXENO QUEDANDO O VASO BALEIRO E ABSORVENDO ENTÓN A AUGA DO PRATO.

 

E pasamos á parte literaria, de creación da historia, onde entre tod@s decidimos que o prato con auga é un lago, o vaso é unha torre, a vela é un dragón, e a moeda é un príncipe.

 

Esta foi a historia que inventamos:

ÉRASE QUE SE ERA UNHA
CRÍA DE DRAGÓN, QUE FOI CAPTURADO POR UN MALVADO CABALEIRO.
O CABALEIRO ENCERROUNO NUNHA TORRE RODEADA POR UN LAGO CON
TIBURÓNS. E ALÍ PASOU MOITOS ANOS, ATA QUE UN DÍA,
O CABALEIRO TIROU AO
LAGO A UN PRÍNCIPE QUE REINABA PRETO DE ALÍ, E O DRAGÓN
QUE XA ERA MOI GRANDE ENFADOUSE MOITO E CON TODO O LUME QUE
BOTOU DESTRUIU A TORRE E Ó TOCAR A AUGA CO SEU LUME, COMO
ERA MÁXICA, ÉSTA DESAPARECEU XUNTO COS TIBURÓNS E O PRÍNCIPE
SALVOUSE. E O DRAGÓN QUEDOU A VIVIR CON ÉL NO SEU CASTELO, E COLORÍN COLORETE, POR ALÍ VAI UN FOGUETE.

O equipo das flores encargouse de ilustralo e escribir o comezo, o final e o título do experimento.

Tamén se valeron do ordenador para buscar no diccionario da web de infantil a foto dun dragón, que era un dos protagonistas.

            

Vos seguiremos contando de máis experimentos!SorinteAceno