Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) E ademais... no mes de xaneiro

No mes de xaneiro, ademais de todo o que xa vos comentamos noutras entradas deste web, tamén sucedeu todo isto na aula de Educación Infantil 2.

 

COMEZA UN NOVO ANO: 

Á volta das vacións de Nadal chegou o momento de "estrenar" un novo calendario... contamos a cantidade de follas (meses) que quedaban para que fose de novo Nadal, e uns poucos menos para que os compañeiros e compañeiras de 5 anos vaian a primeiro.

 

Tamén o noso calendario online (que podes ver desde aquí) sufriu cambios co novo ano, agora o encargado cada día tamén ten que marcar os compañeiros/as que faltan cada día, e así poder ver unha "suma" coas faltas de cada un de nos. Ademáis tamén podemos ver cando alguén está de cumpreanos.

 

 

ASISTIMOS A UNHA SESIÓN DE TÍTERES EN PONTEVEDRA:

Para poder asistrir á sesión de titere en Pontevedra, organizada pola fundación "Abanca", como sempre fomos anotándons nun listado aqueles que iamos traendo a autorización.

 

O día da saída marchamos os de infantil 1 e 2, xunto ós compañeiros e compañeiras de primeiro e segundo nun enorme autobús.

 

Un paseo polas rúas de Pontevedra ata chegar ó teatro onde tería lugar a sesón de "títeres", que xa coñeceiamos de cursos anteriores.

 

A obra de títeres moi moi divertida, e os protagonistas eran obxectos que e convertiran en animais e outras personaxes dos contos que nos foron contando.

 

Cando rematamos merendamos todos xuntos na Alameda de Pontevedra.

 

E xogamos un anaco, xunto a nenos e nenas de outros colexios nun dos parques de columpios.

 

CONTINUAMOS COS INTERCAMBIOS:

Ó longo do mes levamos a cabo varios intercambios, nos que como xa vos contamos noutras entradas, xuntámonos o de tres anos por un lado e os de catro e cinco por outro.

Nalgúns destes intercambios, ademais de facer o traballo sobre Malala para o día da Paz, tamén nos convertimos en mimos como  Chaplin para dramatizar diferentes situacións.

 

Os de máis idade xogamos coas equivalencias dicindo e debuxando tantos obxectos segundo do caso: "vou a debuxar tantas pelotas como patas ten un cabalo"

 

E por suposto continuamos a traballar para programar o probot e o beebot.

 

Cada semana continuamos a ler libros por parellas, compostas por alumnos de ámbalas dúa aulas. Agora xa podemos organizarnos e poñernos dacordo sen que haxa problemas para desfrutar das grandes aventuras que podemos "ler" nos contos. 

 

PARTICIPAMOS NO CONCERTO DA PROFE MERCE.

A profe Merce invitounos a asistir a un concerto que ía dar no colexio xunto a outros compañeiros músicos.

 

A orquesta estaba composta por moitísimos instrumentos e interpretáronnos varios temas.

 

 

SEMENTANDO: PATACAS E PRIXEL:

Continuamos as nosas palntacións, pero á volta das vacacións de Nadal descubrimos que algunha das prantas estaban secas... Que tería sucedido?. Estivemos dialogando e debantindo un anaco aportando diferentes hipóteses do que puido ter sucedido. A meirande parte dos compañeiros pensaron que se debera a non regalas, pero alguén respostou que coa choiva seguro que se regaron... que seguro que foi polo frío que fixo.

 

Acordamos agardar a ver se voltaban a medrar e aproveitamos para medilas como cada mes.

 

Anotando os resultados nos diferentes paneis da prantación.

 

Neste mes DAVID foi o encargado de sementar PRIXEL. Experimentamos coas sementes tocándoas e ulíndoas...

 

Despóis de sementar comentounos varios datos curiosos que descubrira na súa casa coa súa familia.

 

E por suposto tamén o anotamos no dossier de seguimento.

 

Días despóis LUIS foi o encargado de sementar PATACAS, coas que ademáis fixemos varios experimentos, que podes ver noutra entrada.

 

OS NOSOS DICCIONARIOS SEGUEN A MEDRAR:
Gracias ó muro das palabras continúa a medrar o noso diccionario con novas palabras.

 

Co paso do tempo imos observando como os nosos trazos son máis precisos e como, autónomamento, nos organizamos mellor no espazo dispoñible.

 

EXPLORANDO AS POSIBILIDADES DA LUZ CUNHA MESA MOI ESPECIAL:

Incorporamos á nosa aula un noso obxecto de experimentación, que incluímos no noso recanto do científico. Trátase dunha mesa de luz coa que poder explorar as súas posiblidades e propiedades en relación a outros corpos.

 

Ademais esta mesa, que construiron os profes,  ten un mando a distancia que permite ir cambiándolle a cor por aquela coa que queiramos experimentar. Tamén temos pedas transparentes e de diferntes cores e outros moitos obxectos cos que poder explorar as propiedades da luz.

 

Se queres construír unha mesa de luz para a túa aula, podes atopar as instruccións aquí (é moito máis doado do que parece)

 

SOMOS CREATIVOS:

Con material de refugallo e de uso cotiá que temos na aula, organizámonos en dous equipos para deixar voar a nosa creatividade e construir unha cidade....

 

E unha casa na que poder meterse dentro.

 

Continuamos a incrementar as exposicións pictóricas do MUSEO da nosa aula, cunha exposición de cadros nos que con tres cores había que facer camiños sen que se tocasen pero enchendo todo o papel.

 

Tamén tivo moito éxito a nosa exposición de cadros feitos estampando patacas.

 

Sen esquecernos da exposción que serviu para descubrir as diferentes tonalidades (intensidade) das cores. 

Neste caso os equipos cooperativos tiveron que acordar como dividir o espazo en tres partes, e en cal delas pintar e vermello, para posteriormente de forma "acordada" ir engadindo cor branca ata acadar dúas tonalidades distantas.

 

E así quedaron as diferentes creacións... do vermello ó rosa.

 

 

AUTO-AVALIAMOS OS EQUIPOS COOPERATIVOS:

Por suposto continuamos a avaliar o noso traballo nos equipos cooperativos, e incorporamos dúas novas figuras de encargado nos mesmos, pero xa o contaremos noutra entrada.

 

DESENVOLVENDO A MOTRICIDADE GROSA:

Por mor do mal tempo non puidemos baixar en todo este mes ó pavillón, pero isto non foi impedimento para pasalo de medo na sala de usos múltiples no seu lugar.

Recorrendo un percorrido de equilibrio.. de forma individual, por parellas e todos xuntos. Controlando os movementos do noso corpo con respecto ós obxectos e coordinando os nosos movementos cos dos compañeiros.

 

O tentando escapar do labirinto... facelo por parellas e grupos non eran tan doado como facelo en solitario, xa que había que poñerse dacordo e coordinarse para facer todo o percorrido.

 

E incluso todos xuntos fomos capaces ce chegar ó final sen sairnos do percorrido.

 

Cos ollos pechados tivemos que ir orientando ós compañeiros dando instruccións do que debía facer.

 

Ou guiándonos uns ós outros dando instruccións desde outra perspectiva e coordinando movementos.

 

Construimos unha enorme casa coas picas... establecendo unha estratexia de traballo acordada entre todos e todas.

 

E xogamos a seguir as instruccións para situarnos nunha parte da casa indicada pola cor.

 

 

TRABALLANDO COAS EMOCIÓNS: COA PROFE MARÍA:

Nos últimos días do mes a profe María (orientadora do centro) veu á aula a contarnos un conto e traballar connosco sobre as cores e as emocións.

 

Como vedes, foi un mes cheo de de cousas moi interesantes... pero aínda queda o mellor por chegar... os experimientos científicos que levamos a cabo na aula. Pero iso e xa couas da seguinte entrada.