Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) A volta das vacacións- Temos novos equipos

Xa estamos de novo metidos na rutina da escola e dos horarios.

Cómo non, o primeiro día de clase estabamos todos moi emocionados e só queríamos falar dos regalos que nos trouxeron os Reis Magos  e das cousas que fixemos nas vacacións.

Na clase aproveitamos este aspecto para falar, escribir e debuxar sobre elo.

Tamén tivemos momentos para especialidades como psicomotricidade

 

música, inglés ou informática, e para o xogo nos recantos.

                  

E o máis destacable foi os cambios de equipos, xa que estabamos todos acostumados aos mesmos compañeiros de mesa e este trimestre serán outros.

Para elo, nos reunimos no lugar da asemblea, a profe repartiunos bloques lóxicos de diferentes formas e cores, 

e despois dunha ronda dicindo cada un de nós as características de cor e forma do noso bloque, a profe preguntounos "cómo os poderíamos agrupar ou clasificar".

Despois de dar varias respostas (cor, forma, tamaño,..) nos propuxo xuntarnos pola mesma forma según fose o noso bloque, e levamos unha sorpresa, pois resultou que así era como estaríamos agrupados este trimestre e eses serían os nosos compañeiros de equipo e mesa.

Como sempre facemos, nos xuntamos para falar e decidir qué nome lle poñeríamos ao noso equipo, e debuxalo e escribilo nun folio que irá no noso panel de autoavaliación para cando finalizamos as tarefas cooperativas.

     

E estes son os equipos:

          

           FLORES NAYRA - ALBERTO - ÁLVARO

 

             

              CUCHILLOS JORGE- DANIELA- IVÁN- ROI

 

          

                PERROS LUCAS G. - IKER - LARA

 

         

            LUCAS F. - XIÁN - CECILIA (como neste equipo faltaba unha compañeira,  comezaron a traballar e a pensar nun nome relacionado cos dinosaurios pero terán que espera a que ela se incorpore o luns para falado e consensualo).

 

Agora, xa finalizado o proxecto dos caracois

          

como novo equipo temos moitas propostas nas que participar e aportar: Charlie Chaplin e a nosa grabación,  o Salón do libro- os experimentos (que faremos semanalmente na aula), a Paz, o Entroido....e imos deixalo aquí polo momento!