Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Nas últimas semanas....

No pasado mes de decembro, ademáis de algunhas propostas que xa comentamos en anteriores entradas, coma a dos caracois, os preparativos para o festival de Nadal ou os cumpreanos, tamén aconteceron outras.

 

O NADAL 

Entre todos os nenos de infantil decoramos o corredoiro cunhas alegres e coloridas campás, que primeiro pintamos con témpera e ás que engadimos purpurina e estrelas prateadas e douradas.

 

 

Tamén decoramos o corredoiro cunha árbore de Nadal, que este ano os profes se encargaron de montar, pois estaba feita co paos de madeira, e nós os nenos e nenas, nos encargamos de preparar os adornos coa axuda das nosas familias, que pendurarían dela así como pintar a estrela que a coroaba, que tamén estaba feita con paos.

Na aula, por equipos tamén fixemos un enorme boneco de neve para decorar a porta de infantil, que estaba xusto ó ladiño da árbore.

Primeiro elaboramos un boceto en gran grupo, pensando cómo queríamos que fose e levase, para logo non olvidar nada.

 

Cada equipo encargouse de facer unha parte do boneco: sombreiro, cabeza e bufanda, unha bola de barriga xunto cos brazos e outra bola de barriga...e...nun pispás estaba feito! Pero qué bo é facer as cousas de xeito cooperativo!

 Aquí está un dos equipos facendo o sombreiro.

E aquí está o noso boneco rematado!

 

Ademáis tamén elaboramos a nosa postal de Nadal para felicitar ás familias e ter un recordo.  As fixemos empregando a témpera con pinturas abstractas para a parte onde estaba escrita a felicitación e para a parte exterior pegamos a nosa foto cun gorro de Papá Noel nunha estrela rodeada de moitos puntiños de témpera, pois empregamos a técnica do "estarcido" para que quedase así de curiosa.

Non temos fotos das postais pero sí temos cada un a súa en casa así que xa sabedes de qué estamos a falar Sorinte.

 

NOVO PROXECTO-CHARLIE CHAPLIN

No mes pasado tamén iniciamos un novo proxecto, pero con moita calma pois estábamos rematando o dos caracois.

A partir dunha imaxe que vimos na pizarra da aula de informática, imaxe na que aparecían fotografías de moitos homes de todas as idades e con rasgos diferentes, fixemos diferentes tipos de lecturas do que víamos, semellanzas e diferenzas, cousas en común e que diferían e unha delas era a de Charlie Chaplin. 

E ahí empezou todo

 Aquí estamos decorando o noso mural do proxecto onde anotamos os coñecementos previos e o que nos gustaría averiguar.

Isto volo contaremos noutra entrada, con máis detalle.

 

AS PRANTACIÓNS 

No mes de decembro tiñamos planificado prantar aguacate e perexil pero por motivos de tempo tivemos que pospoñelo para xaneiro, que tamén temos dúas planificadas.

De todos xeitos seguimos regando, observando e medindo as prantaciós feitas ata agora e así quedaban o último día.

 feixóns

 allos

A ver cómo as atopamos á volta das vacaciónse....

 

INTERCAMBIOS POR IDADES 

En novembro e decembro seguimos a levar a cabo cantidade de actividades e experiencias en dúas sesiós semanais, por un lado todos os de 3 anos

-No momento de xuntarnos para introducir unha nova letra no muro das palabras, por exemplo a O e a Y

 

repasándoas no encerado na dirección correcta, facéndoas con paos, pedras e diferentes materiais no chan,..buscádoas nos nosos nomes,....

-E con outro tipo de propostas como:

O musicograma- que é un dictado de sons que temos que levar a cabo en función de ónde indique o director de orquesta. 

- -Xogos co corpo,

 como adiviñar de quén se trataba

ou xogar con follas de periódico (que posteriormente utilizamos para encher algunhas figuras que colocamos no corredoiro) traballando algúns conceptos espaciais .

 

 

ademáis de contos, cancións e bailes. 

e por outro os de 4 e 5 

Que traballamos sobre todo propostas de lóxica-matemática.

-Dictados de números (de maneira colectiva) ou individualmente en papel.

 

-Percorridos co noso robot beebot- que tiña que chegar dun número a outro (e que estaban colocados de xeito desordeado).

-Actividades sobre "cantidades"- lectura das mesmas, recopilando o material necesario e representación desas cantidades con distintos tipos de estratexias.

  

 

-Medicións con elementos convencionais

e non convencionais.

 

Vémonos á volta das vacacións!! Rindo