Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) No mes de decembro tamén sucedeu todo isto

No mes de decembro, ademais de preparar as nosas actuacións no festival, e de facer unha serie de traballos sobre o Nadal, que xa vos comentamos en entradas anteriores.

 

PREPARANDO E LEVANDO OS TRABALLOS DO TRIMESTRE PARA CASA:

Como portada do nosos libros de traballos, nesta ocasión, pegamos unha fotografía xunto ós compañeiros e compañeiras da nosa aula, que actuarían xunto a nos no festival de Nadal.

 

Recortamos a fotografía, pegámola e escribimos o noso nome e o título da nosa actuación... xa estaba lista a portada do noso libro de traballos do trimestre.

 

FIXEMOS O NOSO BOLETÍN: "AS NOVAS DA ESCOLA"

Como cada trimestre, chegou o momento de "lembrar" e falar de todo o que fixemos nestes últimos meses, elaborarndo o noso "boletín de autoavaliación", As novas da escola.

 

Nunha das partes explicamos ás nosas familias cal foi o noso equipo cooperativo, como se chamaba e quen formaba parte del. Por suposto que fixemos este traballo de forma cooperativa como equipo.

Completamos o noso boletín cunha serie de fotografías de feitos relevantes ó logo dete trimestre, sobre os que escribimos ó lado.  

Podes ver un exemplo cuberto do noso boletín "As novas da escola" aquí.

Este boletín foi acompañado por un documento, elaborado polo mestre, onde lle lembraba ás familias todo o que fixemos neste primeiro trimestre, podes descargalo en pdf  desde aquí.

 

ÚLTIMA VISITA Ó PAVILLÓN DESTE ANO:

Na última visita ó pavillón deste ano 2014, xogamos con pelotas de baloncesto... contando cantas había e cantas precisamos.

 

Xogando a encestar na canasta... aínda que non era moi doado.

 

E por equipos, coordinando os nosos movementos para tirar as pelotas e que chocasen unhas coas outras.

 

Cada ve fomos facéndoo desde máis lonxe, ata que o fixemos desde as dúas esquinas do pavillón... parecía imposible acertar pero, tirando moi forte conseguimos que algunhas chocaran entre si.

 

 

USANDO AS MATEMÁTICAS PARA RESOLVER PROBLEMAS REAIS:

Tivemos que empregar as nosas habilidades de lóxica matemática para resolver problemas que ían xurdindo.

Calculando cantas bolas había que recortar para que os de tres anos puidesen pegalas no seu disfraz.

 

Organizándoas en grupos de dez, que descubrimos que se chamaban decenas, para poder contar mellor cantas había en cada grupo.

 

E facendo aproximacións de cantas precisabamos recortar para chegar á cantidade fixada previamente.

 

Para facer o mantel a cadros da mesa da obra "A festa de Nadal da Mosca chosca", empregamos un metro para ir marcando cada "dez centímetros" (era doado porque estaban marcados de cor vermella)

 

Descubrimos que unindo os puntos marcados polos bordes do papel conseguíamos unha chea de liñas iguais, chamadas "paralelas". Cando as fixemos polos outros dous laterais conseguimos... unha chea de cadrados, xusto o que estabamos a buscar.

 

Tan só faltba colorealo, alternando cadrados brancos con outros pintados de verello e laranxa, e conseguimos rematar o mantel que empregamos na nosa obra de teatro.

 

E ADEMAIS:

Neste mes non plantamos ningunha nova planta, pero si observamos como os allos comezaban a medrar... a ver como están cando voltemos en xaneiro.

 

Fixémonos unha fotografía cunha das árbores do patio, que tiña moi poucas follas xa que era outono. Iremos novamente con cada estación para ver que vai sucendendo coa árbore e coa roupa que levamos posta.

 

Coa profe Marga, coa que imos á biblioteca do centro,  e por equipos cooperativos, elaboramos estes fantásticos bonecos de neve, que nos acompañan nas ventás da nosa aula.

AdxuntoTamaño
avaliacion_ dentro_1t.pdf992.94 KB