Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Finalizando o proxecto dos caracois

Nestas últimas semanas antes do comezo das vacacións de Nadal, continuamos a dar resposta a algunhas das preguntas do noso proxecto.

Unha das preguntas era sobre os seus ollos. Nos pensabamos que tiñan 4 e despois de ver nas fotografías e libros e de ler nalgúns textos coa axuda da profe,

descubrimos que aínda que teñen catro tentáculos, nos superiores están os ollos, e nos inferiores o olfato, co que realmente se orientan pois non ven demasiado.

O escribir no ordenador ollos dos caracois, nos aparecían moitos outros de outros animais, que nos encantaron e que tratamos de adiviñar, así que fixemos entre todos, a través dos equipos cooperativos un panel  con estes ollos de animais para logo poñer no corredoiro e que os nen@s de primaria adiviñen.

Outra das preguntas era saber cómo son o corazón e o cerebro dun caracol.

Tratamos de observalos por un microscopio que temos na aula, aínda que resultou complicado; quizais precisemos utilizar un microscopio máis moderno..

 

así que tamén buscamos en internet fotografías onde amosaban a anatomía dun caracol, é dicir, o seu corpo por dentro. Localizamos entre todos na pizarra, 

 

escribindo os nomes para logo copialos no noso dossier individual.

 

 

A outras preguntas como "Cando durmen?" demos resposta a través da observación na aula e tamén lendo os libros e así descubrimos que durmen moito, tanto de día como de noite e hibernan nas épocas do ano que fai moito frío, meténdose na súa cuncha e selándoa cun teíña que eles mesmos fan.

Agúns compañeiros trouxeron máis caracois 

 

e algúns días incluso os sacamos ó patio,

na procura de máis e lle buscábamos herba e follas.

Alberto un día tróuxonos uha revista onde descubrimos moitísimas cousas interesantes sobre os caracois, e algunhas delas contóunolas él mesmo.

 

As incluimos no noso mural facéndoo a través dos equipos.

 Así, Alberto e Ceciliar encargáronse de escribir e debuxar sobre os dentes dos caracois, que poden chegar a ter 14179. Asombroso verdade? e están na lingua do caracol, que se chama rádula.

Outros equipos escribiron sobre a enorme forza que poden ter os caracois, que poden chegar a soportar 8 veces o seu peso.

 

Tamén descubrimos cousas sobre a baba do caracol...pero imos deixalo aquí e xa o veredes no noso mural en xaneiro.

Ademáis, sabedes que fixéramos selos para estampar con forma de espiral, como o caparazón do caracol..pois, despois de facer unha entre todo o grupo, por equipos, escollendo un material da aula, fixemos grandes espirais.

 con construccións

 

con pedras de cores

 

con outro tipo de construccións

 

con tapóns de botellas

 

 

Aproveitamos as nosas creacións para fotografialas e así logo escribir a partir da fotografía o material utilizado.

 

Tamén aprendimos unha poesía dun caracol, traballando no texto de distintos xeitos: buscando letras, palabras determinadas, fixándonos nos espacios entre as palabras,..

 

Só nos falta darlle uns retoques ao noso mural para colocalo no corredoiro, como fonte expositiva e informativa.