Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Isto aconteceu no mes de novembro

Vos contamos algunhas das cousas que aconteceron no mes pasado:

CONTINUAMOS COAS PRANTACIÓNS-

Este mes Lucas F. encargouse de prantar allos e Daniela feixóns.

   

Como facemos sempre ao rematar a prantación, cubrimos o noso dossier, especificando a semente, o compañeiro encargado dela, e o mes.

 

 

E cada certos días os encargados as regan e as miden  cando crecen un pouco.

        

Sempre manipulamos e exploramos estes alimentos para falar das súas características e das nosas sensacións (a qué cheiran, cómo saben, qué textura teñen...).

       

A partir desta exploración creamos con eles, facendo conteos, camiños, formas xeométricas, caras...

No caso das cenorias, tamén as pintamos con témpera no noso block

Ademáis, como no mes anterior prantáramos leituga, nos quedara pendiente facer unha ensalada na clase, así que esta semana por fin a probamos, ben aliñadiña..e aínda que algúns non quixemos probala, outros disfrutamos moitísimo coméndoa e repetindo..

     
Ademáis da prantación dos feixóns na maceta grande, cada un de nós individualmente puxo feixóns en algodón humedecido, algo tan sinxelo pero que resulta sempre tan motivador.

E como na visita ao parque arqueolóxico atopáramos moitas landras, gardamos algunha que tamén prantamos nunha maceta e a temos ven cerquiña para observar día a día se hai algún cambio.

      

 

XOGAMOS A PENSAR...A PARTIR DO CADRO "EL ÁRBOL DE LA VIDA"

En outubro establecéramos algúns diálogos en torno a algunhas fotografías de árbores e bosques.

Agora esas fotografías están expostas no corredoiro e con cada unha delas levaremos a cabo tarefas que parten de diálogos, o que chamamos como "xogar a pensar".

Nesta ocasión a imaxe protagonista foi o cadro "El árbol de la vida" de Gustav Klimt.

Algunhas das preguntas das que partimos para dialogar e traballar as habilidades de pensamento, partindo da observación e análise da obra:
-QUÉ COUSAS VEDES NO CADRO? QUÉ CORES? FORMAS?
-QUÉ FROITOS DARÁ ESTA ÁRBORE?
-SENTIDES ALEGRÍA OU TRISTEZA CANDO O MIRADES? POR QUÉ?
-EN QUÉ LUGAR PODE VIVIR ESTA ÁRBORE.
-ONDE VOS GUSTARÍA VIVIR A VOS?
-LLE POÑEMOS UN TÍTULO.
"El árbol de espirales"
"Árbol de flores"
"Árbol bigotes"
"Espirulero"
-FALAMOS DO TÍTULO VERDADADEIRO DO CADRO. QUE SIGNIFICA VIDA?
"si suena el corazón es la vida, pero si no suena no es la vida, es que mueres.."
-FACEMOS PROPOSTAS DE PALABRAS PARA SUSTITUIR POR VIDA, A ÁRBORE DE....
Las flores, los buhos, los olores, la navidad, los pájaros, los amigos, el fuego,........
(Todos estes diálogos que non están detallados aquí se enviarán cos traballos ás familias).
 
Este cadro nos gustou moito así que a profe propúxonos facer unha grande entre todos, para utilizala como mural das familias que temos na entrada, pois o que temos está xa moi estropeado e así de paso o noso traballo cobraba máis valor ó estar destinada a unha función e ter unha utilidade e tan tan motivadora, como é ter pegadas nel as fotos dos nosos pais, nais, irmáns...
Así que nos puxemos mans á obra.
A partir do tronco que fixo un compañeiro, cada un de nós fixo unha rama, con forma de espiral, rama na que cando estivese rematado colocaríamos a foto da nosa familia.
Primeiro o fixemos con ceras para despois repasar cada un a súa rama con témpera.
Así nos quedou finalmente:
Todavía lle temos que engadir moitas flores así como as fotografías das familias dos compañeiros de 3 anos, o resto xa as temos do curso pasado.
Ademáis cada un de nós debuxou este cadro individualmente en papel, así como a árbore que propuxo (das serpes, dos caracois, dos unicorniso, das flores,......).
En xaneiro escolleremos outro cadro ou fotografía sobre o que seguir a falar.....pensar...crear....
Ademáis seguimos a desenvolver rutinas e actividades cotidianas, como ir ao pavillón a levar a cabo a psicomotricidade,
visitar a biblioteca do cole,
e outras actividades de aula.  

Neste mes tamén continuamos co proxecto de caracois, que xa está casi rematado, vos contaremos pronto del!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.