Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014.2015) Acordando as normas, pintando cadros e explorando as posiblidades do corpo no pavillón

Van pasando aS semanas e pouco a pouco imos rematando as tarefas plantexadas para o período de adaptación, algunhas delas interrompidas polo "traslado temporal á biblioteca do centro" como xa vos contamos noutra entrada.

 

Entre o que nos quedaba pendente era acordar as normas da nosa aula, para reelaborar o panel das mesmas que temos alí. 

Este curso dedicimos facelas "en positivo", indicando aquelas cousas que si podemos facer, e de que xeito era o correcto para facelas. Ó longo dos días fomos aportando ideas para as normas, escribíndoas no encerado xunto s aquelas que ían xurdindo dos conflictos que sucederon (e solucionamos) na aula.

 

Organizámonos para escribilas todas en pequenos anacos de papel de cores, que fomos substituindo polos textos escritos no encerado.

 

Cando estabamos metidos nesta tarefa, tivemos que continuala na biblioteca, onde tivemos que estar cos compañeiros e compañeiras da outra aula, durante unha semana. Alí colocamos as normas que xa tiñamos escritas e comezamos a pegar as fotografías que as representaban.

 

As fotografías fixémolas nós mesmos, pedíndolle ós compañeiros e compañeiras que "fixeran" de actores interpretando as diferentes normas.

 

Xa de volta na aula, e coas normas todas elaboradas, tan só nos quedaba completar o panel. Nesta ocasión era todo de cor verde xa que, tal como vos comentamos, estaban todas redactadas en positivo.

 

Velaquí tes as normas que temos na nosa aula...

 

...que indican todo o que podemos facer e de que xeito, para poder convivir e respectarnos todos e todas. 

 

Para poder levalas para casa, tamén as fixemos nun papel, na que tivemos ilas localizando e rodeando da cor que se indicaba.

 

Algúns "atrevidos" ata foron capaces de ir rodeando das cores indicadas "lendo o listado".

 

E ata os máis pequenos deron rodeado tódalas normas, escollendo as cores que indicaba o profe para rodear unha norma concreta.

 

 

REABRIMOS O NOSO MUSEO PICTÓRICO:

Durante o verán o museo de cadros da nosa aula estivo pechado por vacacións, ó longo destas primeiras semanas de curso voltamos a reabrilo con varias exposicións creadas por nós con témpera.

Na primeira delas, demos renda solta á nosa creatividade mentras explorábamos todo o material, á vez que lles ensinábamos ós novos compañeiros e compañeiras como empregar o material.

 

Comezamos a traballar organizados por equipos cooperativos.

 

Noutra das nosas exposición debuxamos unha "cenoria e unha leituga", que sementamos neste mes na nosa aula. Unha tarefa da que xa vos falaremos nunha futura entrada.

O primeiro foi dividir a folla en dúas partes "polo medio" e escribir un 1 e un 2 en cada unha delas.

 

Acordamos que no número 1 debuxaríamos a leituga e no 2 a cenoria. Eso si tivemos que acordar que cores iamos precisar para debuxalas... chegamos á conclusión entre todos e todas que con verde e laranxa sería suficiente.

 

Rematado o traballo, así de chulas quedaron as nosas creacións.

 

E así quedou rematada a nosa exposición no MUSEO.

[falta foto do museo]

 

NO PAVILLÓN: PIRATAS, PELOTAS E HOCKEY

A sesión semanal no pavillón continúa a ser unha das nosas favoritas, nestas semanas sucedeu alí todo isto.

Xogamos a ordear pelotas polo seu tamaño, contando cantas había, cantas de cada cor, cal era a primeria, a última...

 

Enchemos o pavillón cunha chea de pelotas de diferentes tamaños, e probamos a "xogar con todas elas", descubrindo que o noso corpo tiña que adaptar os seus movementos e posición segundo o seu tamaño.

 

Logo tentamos ordenar, todas esas pelotas, de menor a maior entre todos e todas... foi un traballo de coordinación de movementos entre todos e todas, non sen antes acordar a estratexia a seguir. Ó final non quedamos moi convencidos de como nos quedaron ordeadas.

 

Cos aros coordinamos movementos para ir en parellas, tríos e pequenos grupos, saltando de aro en aro sen soltarnos das mans.

 

E xa cos aros no chan... si demos ordeado as pelotas de maior a menor... mirade cantas demos ordeado, ocupaban toda a pista dunha punta á outra.

 

Os días que chove, en lugar de ir ó pavillón empregamos a "sala de usos múltiples do colexio", alí convertímonos en piratas que ían navegando en barcos.

O primeiro foi que cada pirata escollese un barco, sempre e cando algunha prenda da súa roupa fose da cor do barco no que quería montar.

 

No mar, onde estaban os barcos piratas, había un pulpo chamado DIEGO, ó que lle puxemos 8 tentáculos empregando 8 cordas de cores. Tivemos que tirar entre todos e todas das cordas para poder "pescalo" e metelo nos nosos barcos... porque tiña moitísima forza.

 

Nunha treboada os nosos barcos quedaron "a deriva" así que tivemos que "axudarnos" uns ós outros "tirándonos cordas" de barco a barco, coordinando os nosos movementos cos compañeiros e compañeiras do outro barco... de xeito que os tres barcos estivesemos xuntos. Atándoas nos exstremos de cada colchoneta-barco.

 

Agora xa podíamos pasar dun barco ó outro sen pisar a auga do mar, tan só tiñamos que andar "por riba das cordas", sen caer á auga, que estaba chea de tabeiróns ;)

 

Noutra das xornadas, xa no pavillón, xogamos cos "sticks" de hockey, controlando os nosos movementos cos dos compañeiros e compañeiras, para xoga cunha única pelota.

Ademáis traballamos aspectos de coordinación motórica para poder "atinar" coa pelota empregando o stick.