Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Formamos equipos de traballo e pensamos nun nome para identificarnos.

No mes de setembro comezamos a formar os equipos de aula.

Cos compañeiros do noso equipo traballaremos de xeito cooperativo,
desenvolveremos propostas creativas, diálogos, tomas de decisións,
votacións, e incluso traballos individuais nos que sabemos que podemos
contar cos nosos compañeiros se necesitamos axuda.

Formado o equipo, o paso seguinte era pensar e decidir entre todos os compoñentes cal sería o nome que lle poñeríamos para identificarnos.

Así, temos por un lado ao equipo dos  TIBURÓNS

Os seus membros: DANIELA- XIÁN- LUCAS G.

O equipo dos EMPERADORES

 
ALBERTO - JORGE - CECILIA

 

O equipo dos TIRANOSAURIOS

              


IVÁN- LARA - LUCAS F.

E o equipo dos CARACOIS

Formado por ÁLVARO - IKER- ROI - NAYRA

Os momentos da xornada nos cales levaremos a cabo traballo cooperativo de distintos xeitos- para levar a cabo as investigacións dos proxectos, para compartir xogos  e propostas creativas- tamén o temos sistematizado no horario (sempre flexible e adaptado aos cambios que poidan xurdir do día a día) e así elaboramos entre todos  un horario xigante para a aula no que vemos qué días o adicamos a estas propostas. 

Tamén elaboramos o noso horario individual, uns recortando e pegando as fotos, outros escribindo ademais os nomes das actividades, para telo na casa e que as familias coñezan as nosas rutinas.

Nestas semanas seguimos moi ben este horario e isto nos axuda a anticipar e tamén a situarnos temporalmente, como por exemplo nalgúns momentos da xornada:

Informática (na que nos distribuímos por parellas e algún grupo de 3, e o encargado/a do día fai os grupos).

                   

A pintura con témpera no noso block,

     

O momento das rutinas do encargado/a, pasando lista, compoñendo o seu nome coas letras móbiles, contando aos compañeiros, situandonos no calendario e no horario... 

           

ou os momentos do recreo, no parque infantil, cando non chove.

E vos seguiremos contando, nunha próxima entrada! Rindo