Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Primeira visita deste curso ó pavillón

Nestes primeiros días de curso, ademais do que xa vos estamos a contar noutras entradas, tamén voltamos ó noso sitio favorito de todo o colexio: "O pavillón".
Este curso imos baixar co profe Óscar tódolos martes, así que de seguro haberá moitas novidades.
O primeiro foi explicarlles ós novos compañeiros e compañeiras as nomas do pavillón, que os demáis xa sabiamos do curso pasado. Como sempre o lugar de reunión é no CÍRCULO central.
 
Por suposto tamén lles ensinamos onde estaba o almacén de material, recordándolles que só se podían coller as cousas que o profe dixera en cada momento, e que era moi importante deixalo todo ben ordeado ó rematar. 
 
O primeiro que fixemos foi explorar o espazo coas pelotas, a canasta e os aros. 
  
Logo "entre todos e todas", de forma coordinada, fomos capaces de convertir a JOAQUÍN nunha enorme torre de aros ou nun gusano de pe (segundo as interpretacións), rodeándoo con tódolos aros que atopamos. 
 
 
Convertimos os aros nun enorme gusano polo que poder ir pasando polo medio, había que estar moi coordinados para que todos e todas puidésemos pasar, e para colocarnos co noso aro ó final, cando remataramos a viaxe polas "tripas do gusano de aros". 
 
 
Organizados en dous equipos xogamos a pasar por dentro "dun castelo", agarrados a unha corda. De novo tivemos que coordinar os movementos entre todos e todas para dar pasado sen destrozar o castelo. Ademáis en cada turno a cousa ía complicándose, a porta era máis pequena e ata que ó final... pasamos os dous equipos á vez pola porta!!!.  Agora tamén tiñamos que coordinar os nosos movementos cos do outro equipo... pero demos pasado todos sen problemas.
 
 
Ás veces xurdía algún problema de coordinación coa corda, que sobre a marcha cada equipo tivo que tentar solucionar sen derribar o castelo. 
Cada equipo temén tentou reconstruír, nun tempo marcado, o castelo tal como estaba.
Descubrimos que traballando xuntos podíamos mover as enormes pezas ó seu lugar.
Pero as pezas do castelo tamén podían convertirse nun labirinto, amoreadas unha sobre as outras non era doado atopar un camiño para atravesalo...
Ademáis había que ter en conta que tiña que pasar todo o  equipo
completo, sen deixar a niguén atrás... así que tivemos que axudarnos uns
ós outros para dar coa saída. 
Pasámolo de medo... e aínda nos quedan moitos máis martes ó longo do curso para seguir explorando as nosas posibilidades corporais no pavillón.