Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Primeiros días de colexio: descubrindo tesouros, explorando a aula e coñecéndonos

Levamos moi pouquiño tempo na aula, pero xa nos deu tempo a que sucedese todo isto:

BUSCANDO TESOUROS DENTRO DE GLOBOS:

Este curso cando chegamos á aula atopámonos con algo moi expecial, o teito estaba todo cheo de globos en ámbalas dúas aulas de infantil. 

Estivemos observándoos un anaco e descubrimos que dentro dalgúns había un papel. O profe contounos que cada papel era un número, que se correspondía cunha serie de pistas para atopar diferentes tesouros por todo o colexio.

 

Acordamos ir explotando un dos globos cada día, sendo o encargado de escollelo un dos compañeiros e compañeiras. Todos e todas teremos o noso globo misterioso porque contamos e había 13 pendurados no teito.

 

O primeiro deles, que escolleu LUIS, tiña dento o número 5, a pista levounos ata o patio onde atopamos o cofre do tesouno

 

Dentro había MOEDAS DE CHOCOLATE... foi un tesouro moi doce que compartimos entre todos e todas.

 

Ó seguinte día YESSICA decidiu estoupar un globo rosa que tiña dentro o número 12 e...

 

.. nesta ocasión tivemos que ordear as letras L I L O ata descubrir que se trataba da profe LOLI. Ese día cando veu á nosa aula tróuxonos o cofre que tiña dentro "unha chea de animais", que cada quen foi escollendo e dicindo en inglés.

 

O terceiro día HUGO escolleu o globo que tiña dentro o número 4, e a pista levounos ó patio de árbores do colexio, e alí atopamos o noso cofre de tesouro. Que tería dentro nesta ocasión?

 

Cando o abrimos descubrimos unha chea de chupa-chups, para repartir entre todos e todas.

 

Aínda nos quedan por descubrir moitos tesouros cada día... a semana que ven xa vos contaremos que novos tesouros imos atopando.

 

EXPLORANDO A AULA:

Nestes primeiros días adicámonos, sobre todo os compañeiros e compañeiras recén chegados, a explorar todo que temos na aula, e por suposto a recoller todo o material cando rematamos.

Descubrimos os difraces da aula.

 

Os libros da biblioteca, a plastilina, o ordenador, e unha chea de xogos.

 

Fomos creativos no recanto de ARTE: recortando, pintando, debuxando...

 

Tamén descubrimos que tiñamos que lavar as mans antes de merendar, como xa somos maiores podemos facelo nós sen axuda.

 

Tamén saímos ó patio para descubrir todo que alí había. Voltamos a encontrarnos coas árbores e démoslle unha enorme aperta todos xuntos.

 

UNHA FOTO DE GRUPO.

Como xa vos contamos na entrada anterior, temos novos compañeiros e compañeiras, se non lembras como se chaman podes velo desde aquí.

 

Por suposto chegou o momento de cambiar a foto que tiñamos na porta, para que nela aparecesen os novos compañeiros e compañeiras. Con un pouco de esforzo demos arrancado a enorme cartolina que estaba pegada.

 

Pegamos a nova fotografía no centro, deixamos que o fixeran os novos compañeiros máis pequenos :) 

 

Tamén fomos escribindo os nosos nomes, descubrimos que esta vez nos quedaron moito mellor que fai un ano, cando eramos máis pequenos. De seguro que os de 3 anos pensarán o mesmo o próximo curso cando volten a facer a foto da porta.

 

Para que as nosas familias tamén nos poidan coñecer a todos e a todas, fixemos a nosa fotografía para levar a para casa, escribindo na parte de atrás o nome da nosa aula: INFANTIL 2, e decorándoa con gomets (os que quixeron claro ;) )

 

 

FACENDO AMIGOS NO PATIO:

Tamén xogamos cos novos compañeiros e compañeiras, xunto cos da outra aula, no patio durante o recreo.

 

Queríamos explicarlles ós novos como se "xogaba en cada un", pero descubrimos que xa sabían como facelo. 

 

E tamén recibimos a visita dos nenos de primeiro, que o ano pasado estaban en infantil connosco... agora que xa xogaban fora do patio querían voltar a entrar.... non hai que nos entenda!!. Algún día os invitaremos a xogar connosco.

 

VEN A PROFE MARGA!!

Como xa saberedes, o curso pasado na nosa aula ademáis do profe ÓSCAR viña a profe MERCE (música), LOLI (inglés) e BERNARDA (relixión)... pois este ano virá tamén a profe MARGA, que tamén é a nai de NOA.

Con ela iremos unha vez á semana á biblioteca do centro a ler un conto. Como non tiñamos a súa foto para incluíla no noso horario HUGO encargouse de facerlle unha e sacala moi elegante.

 

Pero isto non acaba aquí... aínda nos quedan unha chea de sorpresas e cousas por descubrir e facer durante os vindeiros días,  pero iso xa volo iremos contando nas seguintes entradas. 

Non te esquezas de visitarnos de cando en vez para ver as novidades da nosa aula (e se queres tamén da dos nosos compañeiros de infantil 1)