Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) E ademais no mes de maio sucedeu todo isto...

Ademáis de continuar coa nosa investigación sobre os petroglifos, que xa vos contamos nunha entrada anterior, durante es mes de maio sucedeu tamén todo isto.

 

ASISTIMOS Á OBRA DE TEATRO "LUME" EN PONTEVEDRA:

Xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula de infantil e os de primeiro curso, asistimos á obra de teatro "Lume" en Pontevedra.

Como sempre anotamos a data no calendario, contamos os días que restaban para a data sinalada e  fomos anotándonos nun listado para saber quen ía traendo a autorización.

 

Por parellas dirixímonos ó autobús que nos estaba agardando para levarnos a Pontevedra.

 

Cando chegamos a Pontevedra alí estaba agardándonos a profe Ángela con Diego, que xa nos acompañaría o resto da viaxe.

 

Dentro do teatro, que era enorme, atopamos a nenos e nenas de outros moitos colexios.

 

A obra foi divertidísima... pasámolo de medo.

 

Como facía mal tempo, só puidemos merendar nun recanto do teatro antes de voltar o colexio.

 

 

SEGUIMOS INSTRUCCIÓNS NA AULA DE INFORMÁTICA:

Empregando os "mapas de instruccións" que tanto nos gustan, continuamos a traballar por parellas na aula de informática, explorando os diferentes xogos que temos no recanto de infantil desta mesma web.

 

Nun deles ata tivemos que debuxar un petroglifo dos que estabamos a investigar.

 

 

REMATAMOS O NOSO DICCIONARIO GRACIAS Ó MURO DAS PALABRAS:

Este mes tamén demos rematado o noso diccionario empregando ó muro das palabras, como xa vos fomos contando ó longo deste curso.

Anotamos debaixo de cada letra cales tiñamos xa no noso diccionario e cales nos quedaban para rematar, descubrimos que quedaba moi poucas.

 

E por fin chegamos ata a letra "Z" ... o noso diccionario xa estaba rematado por este curso.

 

Agora tan só tiñamos que comprobar se nos faltaba algunha letra sen completar no diccionario, e rodear as seis palabras que máis nos gustaban de todo o diccionario.

Levaremos este diccionario para casa, xunto co resto dos nosos traballos, cando remate o curso. Os de 3 e 4 anos, traerémolo de volta o vindeiro curso para poder seguir enchéndoo con novas palabras.

 

UNS CONTOS DE RATIÑOS POR CONTA DOS COMPAÑEIROS/AS DE SEGUNDO.

Unha mañá, os compañeiros e compañeiras de segundo curso de primaria viñeron a contarnos uns contos de ratiños que estiveran preparando na súa clase.

 

Con axuda dunhas persoaxes que ían pegando nun panel, e lendo a historia nun libro, foron relatándonos as aventuras dos ratos.

 

 

XOGAMOS COS NÚMEROS:

Xunto con outros moitos traballos que levamos acabo para o uso funcional dos números, xogamos a "atopar os números segundo a cor que nos correspondía". Había que estar moi atento para non confundirse cos que tiñan que marcar os compañeiros e compañeiras que tiñamos ó lado, e ós que lles correspondera outra cor.

 

Cando rematamos comprobamos, co compañeiro e compañeira ó que lle tocara a mesma cor ca nosa, cantos números tiñamos iguais.

 

 

POR FIN OS ANIMAIS DERON CHEGADO ATA A LÚA: 

Como vos fomos contando en diferentes entradas ó longo deste curso, seguindo a historia do libro "A que sabe a lúa", queríamos que os animais desen chegado ata ela. 

Decididos a axudalos, usando os equipos da nosa aula, creamos os animais que faltaban.

 

Tivemos que poñernos de acordo, dentro de cada equipo, para colorear o animal que nos tocara de forma "coherente".

 

E por suposto tamén había que organizarse para enchelos de bolas de papel de xornal e facelos en volume.

 

E así, coa axuda de todos, os animais deron chegado ata a lúa... e por fin podían probala como poñia no conto.

 

Finalmente, tamén por equipos, plasmamos nun enorme papel a secuencia de animais idéntica a que tiñamos na aula.

 

Tivemos que acordar a orde, organizar o traballo e sobre todo calcular o espacio que iamos necesitar: cantas follas?, como as iamos xuntar?... coa colaboración de tódolos membros do equipo demos conta do traballo.

 

CREAMOS PORTADAS CON ALIMENTOS:

Como xa vos contamos en entradas anteriores, este ano participamos nas Actvidades do Salón do libro, que se titulaba "cociñando contos".

Para rematar este traballo participamos no proxecto organizado pola editorial OQO, xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula de infantil e os de sexto curso.

 

Pero disto xa daremos conta nunha nova entrada cando teñamos rematado o traballo... de seguro que ides quedar moi sorprendido, volta nuns días para ver como o fixemos.