Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) Participamos na conmemoración do Día do Libro Infantil e Xuvenil

O pasado 23 de abril foi o día do Libro Infantil e Xuvenil e dende a biblioteca do centro se levou a cabo unha simbólica conmemoración na que participamos todos os alumnos do centro e que se levou a cabo o venres 25.

En Educación Infantil, traballando de forma conxunta as dúas aulas, levamos a cabo unha pequena actividade para facer a nosa aportación e tratar de favorecer e pontenciar nos alumnos a valoración da importancia e necesidade deste recurso, o LIBRO, como fonte de información e aprendizaxe e tamén de lecer e diversión.

Nunha primeira sesión escoitamos a lectura da fábula de Esopo "A lebre e a tartaruga", que os profes narraron.

Descubrimos na pantalla cómo era Esopo, a través dunha escultura que aparecía en google.

Dialogamos sobre a historia e a súa moralexa, facendo un pequeno resumo da mesma.

Os compañeir@s de 5 anos, traballando por parellas, encargáronse de refacer a historia á súa maneira,(de xeito resumido para logo leela na biblioteca) escribindo cada parella a parte que eles previamente refixeran.

 

A outra parte consistía ea ilustrar a fábula, escena a escena, unha por cada párrafo escrito polos compañeiros de 5 anos. Para elo fixéronse co papel necesario para facer unha grande ilustración que cando léramos a historia se iría abrindo pouco a pouco a medida que se narraba.

mirade qué longo era o mural!

Xa con todo listo, o día da conmemoración, Sara, unha compañeira de 5 anos leu a todos a historia mentres o mural se ía abrindo en cada escena.

rematando cunha moralexa rimada que recitamos a unha soa voz.......

.........e seguimos a desfrutar da celebración!!!