Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) No mes de abril sucedeu ademáis todo isto na nosa aula

Ademáis de todo que vos contamos en entradas anteriores, no mes de abril sucedeu tamén todo isto na aula de infantil 2:

 

USÁMO-LA LÓXICA MATEMÁTICA PARA FACER UN REGALO PARA A NOSA NAI:

Este ano iamos facer un marco de fotos con paus e a nosa foto como regalo do día da nai.

Para facelo o primeiro foi escribir, entre todos e todas, a lista do material que iamos precisar,  e a cantidade que precisaríamos de cada un deles.

 

Organizados por equipos cooperativos  cada equipo escolleu e escribiu as cores que ía necesitar, e posteriormente forona buscar ó almacén de material

 

Outro dos elementos que precisaríamos eran catro paus de madeira para cada un, tiñamos unha caixa... serían suficientes?... decidimos que o mellor sería contalos, así que repartímolos todos entre os equipos, e cada dos equipos contou cantos tiñan no seu poder.

 

Anotamos no encerado cantos paus tiña cada equipo... pero como podiamos saber cantos había xuntos?... eran moitos números para poder sumalos, menos mal que descubrimos que na caixa poñía que había 100, e empregando a calculadora comprobamos que "xuntando" tódolos números que escribiramos entre os equipos tamén daba 100.

 

Pero "100" eran moitos ou poucos?... para descubrilo a un dos equipos ocurriúselle que podíamos facer un camiño a ver ata onde chegaba, empregando tódolos paus de cada equipo. Despois de plantexar diferentes hipóteses de ata onde chegaría o camiño puxémonos máns á obra.

 

Cada equipo foi engandindo os seus paus, ós que os compañeiros e compañeiras dos restantes equipos xa foran colocando anteriormente.

 

Tivemos que saír da aula e....

 

Chegamos ata o corredor!!!

 

Xogamos a facer o camiño inverso sen pisalos, e descubrimos que podiamos estar todos no "tren" e aínda nos sobraban paus.

 

Agora tan só faltaba que cada equipo "calculase" cantos paus ía necesitar o seu equipo, se cada un dos integrante precisaba catro... despois de varios intentos de ensaio-erro, o encargado de material deu collido a cantidade de paus que precisaba (collendo a cantidade que cría que lle faltaba, dacordo coas indicación do seu equipo, ata que cada un deles tiña no seu poder 4 paus)

 

Coas cores elexidas pintamos os paus, tendo en conta que deberían ser dous de cada unha das cores, e pegámolos a un cartón con Alkin "construindo un cadrado", coa axuda do equipo demos cunha estratexia para formar un cadrado cos paus.

 

Decorámolos con números, pedras, botóns...

 

E uns ós outros fómonos facendo as fotos para pegalas dento do marco.

 

Quedaron chulos non si?

 

Novamente nos equipos cooperativos creamos o noso papel de regalo, nesta ocasión formado por espirais, como as de un dos petroglifos que estabamos a investigar.

 

Cunha nota que escribimos para pegarlle na parte posterior,  e meténdoo nunha bolsa feita co noso papel, xa estaba listo o regalo para levalo para casa.

 

 

REMATARON AS VIAXES DE ZOE:

Como lembraredes TIAGO foi o último en levarse a ZOE para a súa casa, e así continuar a complear o seu caderno de viaxe.

 

Despois de contarnos tódolos sitios ós que a levara deulle o relevo á YAIZA, quen se encargaría de ZOE a seguinte semana.

 

Xa de volta comentamos e lemos todo o que escribiu no diario de viaxe.

 

DIEGO foi o seguinte en levar a Zoe para a súa casa.

 

E de novo, á volta contounos tódalas peripecias que vivira coa nosa amiga.

 

A última foi AITANA, que rematou as viaxes de ZOE contándonos todo o que fixera con ela.

 

Agora que xa rematamos, e ata que atopemos un destino para que ZOE
continúe a súa viaxe, ímola deixar na aula para que pase algún tempo na
aula xogando con nos.

 

 

O MURO DAS PALABRAS:

Continuamos a encher o noso muro con "palabras" que fomos propoñendo, xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula para cada letra.

 

Para ir ampliando con algunha delas o noso diccionario das palabras.

 

 

NA AULA DE INFORMÁTICA (T.I.C.):

Na aula de informática puxemos en práctica unha idea dos nosos compañeiros e compañeias de E.I.1, levar un "mapa" de xogos e actividades a realizar... seriamos capaces por parellas de seguir as instruccións que alí se indicaban.

 

E cando voltamos da aula de informática puidemos avaliarnos e comprobar cantos xogos demos feito e se tivemos problemas para poñernos dacordo.

 

 

E DE CARA A MAIO...

Cando rematou o mes e chegamos a MAIO anotamos no calendario unha chea de cousas que ían suceder: a visita ó parque arqueolóxico, os cumpreanos do mes, a celebración dos maios e as letras galegas, a visita ó teatro... 

 

Pero todo isto xa o iremos contando nas vindeiras semanas.