Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

O río Lérez

O río Lérez
Río da vertente atlántica que nace a 900 m. de altitude, na Serra do Candán, en Forcarei e desemboca na ría de Pontevedra.
Todo o seu traxecto, 62 quilómetros, discorre nesta provincia.
Os seus principais afluentes son: Castro, Salgueiro, Grande,Cabaleiros, Quireza e Almofrei.
Atravesa os municipios de Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro e Pontevedra.
 Muíño de Aciveiro-Candán 
Ten numerosos atractivos turísticos, dende a paisaxe de montaña, onde nace, ao costeiro, na súa desembocadura.
Crúzano 40 pontes. Existe unha ruta de catorce pontes sobre o Lérez, dende Pedre a Aciveiro (Carballa, Maril, A do Crego...).
Nas súas marxes aprécianse restos arqueolóxicos en Campo Lameiro, Cotobade e Pontevedra, que reflicten antigas ocupacións humanas.
Conta con espazos naturais como "Xunqueira de Alba" (humedal natural), "Xunqueira de Lérez (onde esta a "Illa das Esculturas"), paseos fluviais...
Tamén zonas recreativas como a "Carballeira de San Xusto" e o "Lodeiro".
 Carballeira de San Xusto
Nas súas marxes atópanse de xeito habitual troitas e salmóns.
O campión do mundo de vídeo subacuático, Jorge Candán, descubriu sorpresas como lampreas, sollas, anguías e mexilóns de río, en perigo de extinción. Nas marxes tamén atopou raposos, tartarugas, víboras e aves como o martiño pescador, melro acuático, garzas...
A flora tamén é moi variada: loureiros, bidueiros, salgueiros, pinos, fentos, carballos, abeleiras, cortizas.. 
No río tamén se poden atopar algas, lentellas e espigas de auga.
  Ponte da Carballa en Dúas Igrexas
No río Lérez tamén se pode practicar piragüismo, rafting, pasear en bici ou camiñar polas súas innumerables rutas de sendeirismo.
Tamén disfrutar de praias fluviais coma as de Lodeiro e Redonde, en Campo Lameiro, ou a de Pontevedra, fronte a "Illa das Esculturas".
Os problemas máis importantes son a contaminación das augas e especies invasoras como o eucalipto e as mimosas.
Con todo, o río Lérez é un paraíso terrenal.
                                                   Daniel Campos Ferrín