Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

Dispoñible a documentación que empregaremos na próxima reunión do seminario e novas partes do dossier

 

 

Na vindeira reunión do seminario continuaremos coa análise das fases dun proxecto, afondando en dúas novas fases dun proxecto de traballo e investigación:

  • investigando
  • que facemos co descuberto: creando productos sociais relevantes (productos finais)

 

 

Xa tedes dispoñibles no apartado DOCUMENTOS da sección do seminario da web, a presentación que empregaremos como referencia e un exemplo dun mapa conceptual de tarefas, actividades e exercicios da U.D.I. da prehistoria de Educación infantil (que será empregada durante o traballo coa fase de investigación)

Podes acceder a toda esta documentación directamente desde aquí.

 

Como tras cada reunión, tedes tamén dispoñibles os borradores dos novos apartados do dossier sobre o traballo por proxectos, que estamos a elaborar coas aportacións que facemos nas diferentes reunións. Nesta ocasión xa están dispoñibles en pdf: onde buscamos a información?  e como nos organizamos?

Podes atopalos no apartado "dossier" da sección destinada ó seminario, ou directamente desde aquí.

Como sempre podedes facer chegar ó coordinador as aportacións que teñades para incluilos nos mesmos.