Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) Cociñando contos... participamos nas actividades do Salón do Libro de Pontevedra

Durante as pasadas semanas, como xa vos contamos, estivemos preparando o noso traballo para participar no XV Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra.

Se queres lembrar o que fixemos, e sobre todo como o fixemos, os tres cursos que participamos nas actividades do salón podes facelo nas seguintes entradas:

INFANTIL 1 :  Salón do libro Infantil- preparamos un libro e participamos nun traballo conxunto.  (libro aquí)

INFANTIL 2:  Facemos unha pizza comic para o Salón do Libro

SEXTO: COCIÑA CON ARTE: o noso traballo para o Salón do Libro

 

Despois de tanto traballo chegou o día de visitar o Salón do Libro para participar nas súas actividades. En canto chegamos atopámonos cun enorme cartel co tema deste ano, sobre o que estaba a caer un delicioso chocolate.

 

Mentras agardábamos para entrar pasou a visitarnos o gran protagonista do Salón:  O LOBO ORBIL que nesta ocasión tiña posto un mandil de cociñeiro.

 

Un por un foi saudándonos a cada un de nós.

 

Despois da presentación metémonos debaixo da terra, onde estaban prantadas as cenorias, patacas e rabos.

 

Alí estaba agardándonos Xacobe que nos contou unha chea de contos.

 

Todos eles saían de dentro da súa maleta. Pasámolo moi ben.

 

Cando rematamos visitamos as diferentes dependencias do Salón todas elas diferentes e moi interesantes.

 

Nalgunhas fixemos un sandwich xigante.... cos ingredientes que máis nos gustaban.

 

Noutras descubrimos para que eran "bos" algúns alimentos, seguindo os camiños dos laberintos polos que tiña que pasar o lobo Orbil.

 

Tivemos que buscar nas "cuncas" as escenas que estaban escritas nunha enorme poesía escrita na parede... démolas atopado todas.

 

Descubrimos tamén algúns instrumentos feitos con material de refugallo, moito del envases de alimentos.

 

Dentro dunha enorme cociña debuxada nas paredes tivemos que ir localizando diferentes obxectos.

 

E por suposto tamén visitamos a exposición dos traballos de tódolos colexios participantes... e o primeiro que quixemos ver foi o noso, que tivemos que explicarlle tanto a Xacobe como a Raquel.

 

Atopamos algún libro-bocadillo... cheoo de contos.

 

Descubrimos tartas enormes, garfos, culleres e coitelos, libros en pratos, en xamóns.... unha chea de ideas fantásticas.

 

Ata había unha enorme taza de leite con galletas... que tamén eran, por suposto, libros feitos polos compañeiros e compañeiras de outros colexios.

 

Velaquí tes algunhas imaxes da exposición de traballos de tódolos centros participantes.

 

E entre eles estaba a nosa cociña cos libros que creamos cada un dos tres cursos participantes.

 

Para rematar a xornada, como marca a tradición, fixemos unha foto de todos e todas co lobo ORBIL... verémonos de novo o ano próximo.

 

Antes de marchar, merendamos nun espacio onde tamén había libros que podíamos ler mentras tanto.

 

E aínda que non facía moi bo día, antes de subir ó autobús puidemos xogar un a naco na entrada do Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

Se queres ver o noso traballo, os dos demáis colexios e participar nas actividades que organiza o Salón do libro, lembra que podes visitarlo en Pontevedra de forma totalmente gratuita, nos horarios e datas que poderás atopar na súa web oficial:  http://www.salondolibro.org