Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) A visita de Quique e o que aconteceu despois..

No mes de xaneiro vos contamos cómo foi a chegada deste novo amigo de todos, Quique.

 

 

 

Na nosa clase quedamos co album de fotos e o libro das viaxes

 

 

e establecimos unha orde para ver quén o levaría primeiro, quén despois....

Unhas semanas despois, xa en febreiro, cando atopamos a ocasión nunha xornada máis tranquila e sen carga de traballo, puidemos reunirnos todos na biblioteca de aula, o lugar on de estarían colocadas as fotografías de Quique e Zoe e dos lugares do mundo polos que viaxaron.

Despois de que Carla nos lera un conto, pois era a encargada dese día, en gran grupo discutimos sobre cómo poderíamos facer para indicar ou amosar que o lugar da fotografía correspondía cun lugar determinado do noso "mapa mundi". As propostas foron:

-facendo liñas que uniran a foto e ese lugar.

- pegando as fotografías en pequeniño no país correspondente.

-pegando un gomet na foto e ese mesmo gomet no lugar correspondente.

 

Esta terceira foi a que levamos a cabo finalmente.

E unha vez que empezamos foi cando caímos realmente na conta de que o gomet tiña que ser diferente en forma ou cor pois non se podían repetir. Tiñamos que estar moi atentos de non elixir un gomet coa forma e cor (as dúas características xuntas) diferentes dos que xa estaban colocados nas fotografías ou no mapa.

A Álvaro tocoulle a fotografía das Pirámides, en Exipto e entre todos lle axudamos a localizar no mapa este país, para colocar o gomet.

nesta foto outro compañeiro localiza a fotografía do album que lle tocou para logo colocarlle o gomet que elixa.

E unha vez postos os gomets cada neno escribiu o nome dese lugar para pegarlle ao lado.

esa semana tocáballe a Diego levar a Quique e aquí está posando para engadir  no mural co resto de compañeiros.

Ademáis cada un de nós tamén fixemos un debuxo do lugar que nos tocara localizar, para acompañar xunto coa foto no álbume que levamos para casa.

 

EXIPTO                                                   AUSTRALIA

CÓRDOBA                                                   CHINA

CONGO                                            ITALIA (Pizza)

AMAZONAS                                FRANCIA (torre Eiffel)

ANTÁRTIDA                                    SUDÁFRICA

GRECIA                                        ESTADOS  UNIDOS

 

Fáltanos por engadir a fotografía de Estados Unidos, que saiu borrosa.

Agora, cada semana gústanos moito descubrir que fixo o noso amigo Quique na casa dos compañeiros, a qué lugares viaxou e cando remate a experiencia levaremos a cabo algunha tarefa máis relacionada con todo isto.

Ademáis, de vez en cando non deixamos de sorprendernos coas ideas dalgúns compañeiros e coas súas creacións, como estes nenos que fixeron con pinchos, a torre Eiffel.