Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) Festexando:Entroido, Paz, San Valentín...

Ademais de traballar e traballar

tamén temos tempo para festexar:

Día da Paz, Día de San Valentín,

 Dia de Rosalía, Entroido...

Imos mirar cara atrás...

- O último día de Xaneiro celebramos no centro o Día da Paz.

Para elo participamos xunto cos demais nenos e nenas do colexio na preparación dun bonito mural, no video sobre as apertas que acompañaría á canción dese día e desfrutamos da representación do alumnado de primeiro.

 

Ademais  tamén preparamos na aula uns traballos murais sobre o tema que expusemos no corredor.

- Xa a mediados de mes chegou o Día dos Namorados, este curso sobre o tema da prehistoria.

Ademais de mandarnos notiñas de todas as cores, traballamos unha noticia que trouxo Jose sobre uns pingüinos. Eles si que protagonizan unha boa historia de amor.

- Tamén o pasado xoves participamos nun acto na biblioteca sobre Rosalía de Castro. Todos os cursos preparamos un poema dela que recitamos, cantamos,...

- E , como peche de mes, o ENTROIDO

Xa dende o luns comezaron os disfraces. O MECO, vestido de troglodita, foi mandando cada día o que tiñamos que traer. Que se de praia, gorros, co que quixeramos,cos pixamas...

 

ata chegar o venres, cando todos tiñamos que disfrazarnos de trogloditas.

Tamén , para esta ocasión, tiñamos gardada unha noticia que días atrás trouxera Dani á clase. Aínda non a leramos pero sabiamos que con ela fariamos algo importante.

 

E así foi... "Braña 1", que así se chama o protagonista da noticia, serviríanos de inspiración para prepararnos para o día do entroido.

Na clase de plástica decidimos preparar cada un o seu disfraz: traxe e peluca.

  

Para saber mais ou menos como tiña que ser Antía ensinounos un libriño e fotos que fixera no Parque Arqueolóxico.

 

Xa ía tendo "boa pinta"

Cada un tamén preparou a súa "tarxeta identificativa" co seu nome: Braña 2, Braña 3, Braña 4...

 Tamén miramos como tiñamos que maquillarnos ( seica Braña era moi moreno e cos ollos azuis) Os complementos traeríanos cada un da súa casa.

E así foi como participamos no desfile e xantar dos postres típicos desta festa.

E aquí vos deixamos ata o Entroido que ven. 

 Debeu de ser de tanta choiva que a unha das parellas da nosa tribu aclaróuselles o pelo!