Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) O acontecido no mes de xaneiro

O pasado mes de xaneiro sucederon  moitísimas cousas nas aulas de infantil, o primeiro estrenar mes e ano e marcalo no noso calendario o encargado do día, e ver neste novo mes qué nenos cumprirían anos, que resultou que en infantil 1 non tiñamos a nadie de aniversario.

(pendiente de foto)

Como o noso calendario novo falaba dun boneco de neve todos quixemos facer un grande para a aula e nos puxemos mans á obra, primeiro propoñendo e dando ideas dos materiais que poderíamos utilizar e logo poñéndoo en práctica.

O día que pintamos no noso block, por suposto tamén pintamos o noso boneco de neve

Este mes tamén estivemos terminando o proxecto sobre os cans, que vos contaremos nunha próxima entrada.

E como aprendimos unha poesía popular sobre un can, decidimos escribila e ilustrala nun libriño

"o pozo era frío,

                       tirouno nun río,

                       o río  era branco,

                       tirouno nun campo,

                       o campo era roxo,

                      tirouno nun toxo,

Tamén visitamos a biblioteca do colexio para ler contos e facer algún traballiño nela,

Nela gústanos xogar no taboleiro que creamos en anos anteriores para o Salón do libro, aínda que algunhas fichas se perderon, así que pensamos que quizáis poidamos facer nós unhas novas.

Un dos días que subimos á biblioteca, alí decatámonos de que había un grande mapa mundi, no que enseguida localizamos Sudáfrica,

o país de Nelson Mandela, o protagonista da semana da Paz neste curso.

Todo o levado a cabo en torno á semana da Paz podedes recordalo premendo aquí.

Continuamos a encher o noso diccionario, cada semana adicado a unha letra e un son diferente,

así como participar nas sesiónsde psicomotricidade no pavillón.

E como todos os meses cando están a piques de rematar, fixemos a celebración dos compañeiros que cumprían anos, que neste caso eran todos nen@s de Infantil 2. 

Vos contamos todo con detalle nunha entrada en Infantil Xuntos.

 

Ademáis, levamos todos unha enorme sorpresa ao recibir no colexio un paquete, que chegou por correo e que a profe Merce nos trouxo a clase.

Os encargados das dúas aulas, encargáronse de abrilo e descubrir o seu contido

Dentro, viñan dous osiños de peluche e dous álbumes con fotos deles en distintos lugares do mundo

e tamén unha carta, destes osiños que resultaron chamarse Zoe e Quique.

A profe Ángela leunos a todos a carta e así averiguamos que estes novos amigos nos visitaban para coñecer Campo Lameiro, e outros lugares próximos ou lonxanos, pois a proposta era pasar unha semana con cada neno de Infantil, e compartir con eles o seu día a día.

E traían tamén uns libros de viaxes, en branco, que nós pouco a pouco cubriríamos coas nosas aventuras con estes novos amigos.

Qué divertido!!

Así que botamos a sortes qué clase se levaría a cada oso e a nós tocounos Quique.

Noutra entrada vos contaremos con máis detalle todo o que aconteceu a partir da chegada de Quique e Zoe.