Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) A chegada do Nadal- Mes de decembro

No mes de decembro, ademáis de seguir co noso proxecto dos cans, seguimos a levar a cabo distintos tipos de actividades, como

*rutinas de encargado

 

*asembleas, diálogos e actividades de gran grupo (neste caso, visionando na pizarra dixital algunhas fotografías).

*lectura de contos, ben na biblioteca, ben la aula.

*Pintura con témpera e diferentes útiles.

Tamén con témpera fixemos as nosas portadas dos traballos de todo o trimestre que levamos para casa.

 

 

*psicomotricidade no pabellón

Pero algo destacable deste mes, foi a chegada do Nadal, e para celebralo, levamos a cabo algunhas actividades:

-Preparación da nosa actuacion para o festival de Nadal-os neno/as de 3 e 4 faríamos unha coreografía dunha canción e os compañeiros/as de 5 unha obriña de teatro.

Case diariamente ensaiábamos e tamén tivemos que preparar o necesario para as nosas actuacións.

Os compañeiros de 3 tiveron que pintar as súas campás con pintura dourada.

 

Os nenos/as de 4 pintamos os capachos con pintura plateada e os decoramos con estrelas brillantes douradas e prateadas.

Os nenos/as de 5 preparamos algúns carteis para o decorado e as nosas caretas.

Estabamos moi emocionados coa idea de actuar para os demais e ese día o fixemos todos moi moi ben!

-Concurso de portas de Nadal- este ano no cole todas as aulas e especialistas decoraron as súas portas para darlle máis alegría a estas festas na escola.

Nós traballamos na nosa porta, decorando follas que recolléramos- as pintamos de cor prateada

e as pegamos no noso mural repasándoas con pintura branca como si fose neve

Tamén pintamos outras folliñas de cor verde para transformalas en árbores que logo decoramos con espumillón brillante.

Algúns compañeiros estiveron traballando para debuxar un enorme Papá Noel que colocaríamos tamén na nosa porta

Outros cortaron trociños de teas para engadir  e deixaron pegadas con pinceis e pintura dourada, e así nos quedou de bonita a nosa porta

E finalmente, así de bonita nos quedou!

-Árbores de Nadal para colgar no corredoiro- aproveitando que tiñamos moitas cunchas, este ano en vez de elaborar unha árbore de nadal conxunta en infantil, decidimos facer varias árbores pequeniñas para colgar no teito, feitas con aramio e decoradas con cunchas pintadas de diferenes cores.

-Participamos con todo o colexio na elaboración dunha grande árbore de Nadal- nas nosas casas decoramos un cd vello ó que no cole se lle engadiu unha foto da nosa cara e todos colocadiños formaron esta preciosa árbore de Nadal.

(pendiente de foto)

-Creamos as nosas tarxetas de Nadal- Este ano, para elaborar a nosa tarxeta de Nadal, como tiñamos moitos elementos naturais na aula, con eles creamos as nosas árbores (no noso caso moi moi abstractas).

Unha vez rematados, os fotografiamos, e impresa a foto, a pegamos nunha cartolina para elaborar a nosa tarxeta.

Xa pegada, a decoramos buscando facerlle un marco de estrelas e tamén escribimos dentro unhas palabras que entre todos tratamos de decidir.

Ademáis, en vez de levala a casa xunto cos traballos, nesta ocasións lle daríamos unha sorpresa ás nosas familias, enviándoas por correo.

Isto volo contamos na seguinte entrada.

Polo momento, só desexarvos un feliz 2014!!