Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) Ademáis no mes de decembro...

Ademáis de todo o que vos contamos nas entradas sobre o noso traballo no Nadal, no mes de decembro tamén sucedeu todo isto:

 

UN TERREMOTO EN CAMPO LAMEIRO:

Un luns pola mañá todos e todas comentamos na asamblea que o día atenterior houbera un terremoto.

Buscamos a noticia no xornal e alí descubrimos que o "epicentro" tivera lugar no "Campo", xustamente onde está o noso colexio.

 

Que sería o Epicentro, a profundidade, e por que tiña un número 4? Visionando varios vídeos descubrimos que o epicentro era o lugar onde comezaba o terremoto, a profundidade era onde aparecería debaixo da terra e o número indicaba a "escala Ritcher", que indicaba a forza do terremoto e podía chegar ata o 10.

 

Falamos tamén sobre "cal sería a causa dos terremotos",  xurdiron moitas teorías, e para aclarar as ideas  buscamos en internet e en varios vídeos, onde descubrimos que se producían por dúas placas de terra que "rozaban" unha coa outra.

Anotamos todos eses descubrimentos a unha folla de rexistro.

 

Tamén trasladamos toda esa información ó mural da nosa investigación sobre o Mundo. Agora xa sabiamos que era un terremoto e porque se producía.

 

 

PREPARAMOS OS NOSOS TRABALLOS PARA LEVAR PARA CASA:

Como xa vos contamos, no noso museo da aula fomos expoñendo as nosas creacións pictóricas. Ó final do trimestre, cando preparamos unha parte dos nosos traballos para levar para casa, cada quen escolleu a creación que máis lle gustaba de todas as que fixera e estiveran expostas no museo.

 

Decorándoa cunhas pegatinas convertímola na portada dos nosos traballos. 

 

ELABORAMOS O NOSO BOLETÍN DE AUTOAVALIACIÓN "AS NOVAS DA ESCOLA":

Como cada fin de trimestre tamén elaboramos o noso boletín de auto-avaliación "As novas da escola", onde cada un de nós contaba ás súas familias varias das cousas que sucederan nestes meses no colexio.

 

Nesta ocasión, tamén lles presentamos os compañeiros e compañeiras da aula ós nosos pais, sobre todo os máis pequenos do grupo.

 

Este boletín tamén levaba unha páxina interior feita polo profe, onde lles contaba ás nosas familias todo o que fixeramos ó longo deste trimestre.

Podes descargar esta páxina interior ó final desta entrada, ou ben facendo click aquí. 

 

ÁS VOLTAS COAS PLANTAS AROMÁTICAS:

Como xa vos contaramos, no seu momento plantaramos plantas aromáticas na nosa aula, pero co paso do tempo descubrimos que todas elas secaran.

 

Despois de debatir sobre cal podería ter sido a causa, chegamos á conclusión de que posiblemente non as regaramos o suficiente ou que non tiñan raices para poder "beber a auga".

Decidimos voltar a tentalo, nesta ocasión con "incenso" e "menta". Cheiraban moi ben ámbalas dúas.  E nesta ocasión si tiñan raices.

 

Cando xa as tivemos plantadas non nos esquecimos de regalas... a ver se nesta ocasión sobreviven.

 

AdxuntoTamaño
folla_interior_boletín_asnovasdaescola_t1.pdf1.26 MB