Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014)Os nosos cadros "Calderianos"

Continuando co traballo de plástica, estes últimos días pasamos á pintura.

O artista Alexander Calder tamén pintou. Case sempre empregando as mesmas cores e formas, e con técnicas semellantes ás dos seus amigos Miró e Mondrian.

Fixándonos nas obras destes tres pintores atopamos bastantes semellanzas.

Así, todos nós empregamos só as cores vermella, amarela, azul e negra para preparar os nosos cadros.

Un dos temas máis "pintados" por Calder foi o do sol e a lúa, xa que durante unha viaxe en barco presenciara unha escena destes que o deixara fascinado.

Cada un de nós tamén elexiu unha temática para a súa obra: algo que lles gustase moito ou algo que acontecera que lles impactara dalgún xeito. Así, por exemplo...

.

Nesta primeira obra Daniel Campos  representou unha viaxe a Madrid, mentras no ceo acontecía un eclipse de sol.
Se vos fixades ben incluso se ve Torre España!

.

.

María creou a seu cadro  pintando notas musicais, xa que é algo que lle encanta agora que ensaia na escola de música.

.

.

.

Ou o de Laura, a quen lle encanta patinar e así o mostra no seu cadro.

.

.

.

.

Ou Alexandre, que pintou un fascinante eclipse, cun sol e lúa totalmente calderianos, xa que lle chamara moito a atención, posto que eses días falaban os medios de comunicación do eclipse que ía acontecer.

.

.Todos preparamos unha. Podédelas ver no seguinte enlace á revista dixital titulada...

As nosas obras pictóricas

(Calder sempre firmaba as súas obras cunha C e unha A unidas. Non iamos ser menos, polo que cada un de nós diseñou a súa firma artística para deixala na súa obra. Se vos fixades ben, veredes que todos os cadros están firmados polo artista.)

Agora xa temos na nosa aula distintos recantos onde imos mostrando e desfrutando das nosas obras:

-o dos diseños de pintado de coches.

-o de animais de alambre, coma Calder fixera sobre o circo.

-o de móbiles con base.

-o de móbiles aéreos, pendurados sobre a mesa de plástica.

-o dos nosos propios retratos, pendurados sobre as nosas mesas de traballo.

-o das obras pictóricas, no panel de corcho da aula.

Pouco xa lle falta para semellar un museo. Pronto vos contaremos como remata esta gran historia!