Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) TERTULIA sobre o libro "O príncipe feliz" de Óscar Wilde.

O martes 12 de novembro desfrutamos na nosa aula dunha actividade moi especial: unha tertulia literaria.

Levouna a cabo "Xavier Iturbe Gabikagoseaskoa" Con estes apelidos... dende onde viría? Pois sí, ides ben; en concreto dende Lekeitio, onde exerce de pedagogo e director da súa escola.

Nela traballan por comunidades de aprendizaxe, temática sobre a cal algúns mestres da nosa escola estanse a formar nun curso. Nel foi onde o noso mestre Tirso coñeceu ao relator Xavier Iturbe, home que tivemos hoxe martes na nosa aula levando a cabo esta práctica.

 

O tema central da tertulia xiraba en torno ao libro de Óscar Wilde titulado "O príncipe feliz". 

Despois de facer lectura dela na clase cada un de nós tiña que elexir o párrafo que máis lle chamase a atención ou lle gustase.

Coa axuda dun moderador, nesta ocasión foi Antía, un a un fomos léndollo a Xavier e expoñendo as nosas razóns da súa elección.

Éstas daban pé a falar dun feixe de temas diversos e interesantes.

Ademáis, tamén debatimos sobre os contos clásicos. Así saíron na conversa títulos coma...

Algúns deles os tiñamos na nosa biblioteca de aula, coma O Quixote , do cal xa falaramos en Lingua e algún de nós trouxera da súa casa; ou Romeo e Xulieta, do cal traballamos un anaco ao falar do teatro.

Outros sonábannos, como a Odisea por Ulises e outros personaxes como Hipómenes e Atalanta de cando falamos sobre os textos mitilóxicos.

Todos quedamos encantados con esta nova experiencia e sobre todo con ganas de expoñer en común as nosas impresións sobre as lecturas que vaiamos traballando.

O único que botamos de menos é ter máis tempo para poder adicarlle a estas experiencias tan enriquecedoras.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.