Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) Retratámonos con alambre

Seguimos a traballar o retrato.
Xa o fixemos de varias maneiras, como vos contamos nunha entrada anterior; mais desta vez... probamos cunha técnica nova.
Fixémolo, coma non, ao estilo Calder: con alambre!

Sandy (Alexander Calder)

fixo un feixe de retratos

empregando para elo este material.

Dende animais, personaxes de circo,

amizades e famosos da súa época.

Na nosa clase probamos a facelo con nós mesmos.
(Se clicades nesta imaxe accederedes a unha revista con todos os nosos retratos.Quen será quen?)

- Primeiro debuxamos os nosos retratos de frente ou perfil. A única condición a respetar foi a de facelo cun único trazo (técnica que xa practicaramos o curso anterior).

- Despois, tentamos facelo cun anaco de fío de alambre. Resultou un pouco máis difícil, sobre todo porque ao facer unha parte movíasenos o que xa tiñamos listo. Algúns decidiron pousar libros nas partes rematadas para así fixalo.

E mirade... ao final non quedaron tan mal.

É que somos uns artistas!

E este último cun aire picasiano, non vos parece?