Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) Participamos nalgunhas propostas de centro

Nestas últimas semanas andivemos moi atarefados, con propostas da aula que vos contaremos proximamente e tamén participando noutras de centro.

No mes de setembro, comezamos a levar a cabo como algúns outros compañeiros do cole, a actividade "Na miña maleta", coa que amosábamos algunhas das nosas inquedanzas, gustos e emocións aos compañeir@s.

Previamente falábamos en asemblea adicando un día a cada tema e contábamos aos demais para logo plasmar debuxando, escribindo ou pegando fotos no papel sobre todas estas cuestións.

A medida que as iamos rematando, explicábamos aos compañeiros o que nela representamos.

 

E as iamos colocando nunha das paredes da aula, para observalas, recordar o plasmado, valorar a aportación dos demais.

 

Os temas tratados nela tiñan relación cos seguintes aspectos, e deron pe a algunhas conclusións interesantes.

-Gústame moito comer...estes nenos de infantil comen moi moi ben, gústalles tanto a froita coma o peixe e a carne, e por suposto as patacas fritas e a sopa que non falten!

-O meu lugar favorito...os sitios máis destacados foron a praia e a casa, e algún compañeiro nos sorprendeu explicándonos que lle encanta o monte.

-Alguén que me quere moito..por suposto este lugar sen dúbida ocupárono os papás e as mamás, os irmáns, pero tamén houbo espazo para algunha mascota e incluso para a profe..

-Gústame xogar con..a moitos de nós encántanos xogar coas construccións e a casiña, ordenador, coches..

Esta actividade sirveunos para: expresarnos, poñerlle palabras ás emocións, os sentimentos, ós gustos, o que levamos dentro, a escoitarnos e valorar o que nos aportan os outros, a observar que temos moitas cousas en común, e que tamén noutras diferimos , ademáis de todos os contidos e procedementos curriculares traballados: trazo, direccionalidade, organización no papel, debuxo, iniciación á lecto-escritura, expresión oral, articulación, vocabulario.

Por outra parte, recibimos unha carta de dora Lectora, qué ilusión! na que nos pedía axuda para un traballiño para decorar o colexio con motivo do Samaín: crear castañas terroríficas, que desen moito medooooo

Aproveitamos o día que subimos á biblioteca e facemos a nosa ficha do conto leído, para comezar

(pendiente de foto)

e tamén algúns de nós nos achegamos hoxe martes no recreo á biblioteca (que os martes abre) para facer algunha máis.

Nos próximos días continuaremos a levar a cabo moitas máis propostas feitas dende a biblioteca e outros departamentos. Vos informaremos!

 

Tamén participamos na proposta do outono literario
consistía en escoller e escribir cada neno e nena unha palabra ou frase que soase literaria ou musical.

Para elo tiñamos unhas follas onde plasmalo e antes decidimos decoralas e pintalas con pintura de dedos.

Pensamos e falamos das distintas cores das follas, sobre todo agora no outono e unha vez decididas nos puxemos a elo.

Ademáis de palabras que soasen literarias tamén decidimos incluir algún comezo e final de conto que nos gustase. Así estos foron os que eliximos, cada un de xeito individual:

Azul

Flor

Chispa

Lobo xigante

Música

Pocoyó

Era unha vez..

Un día Caillou..

Nun lugar...

Hace mucho, mucho tiempo..

Y este cuento está terminado, chin pum fuera.

 

Agora só falta llevarllas a Dora e comezar a decorar o colexio coas nosas aportacións, con ese toque outonal.