Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) Remata setembro: isto é o acontecido nas últimas semanas

Rematou setembro, e pasados uns días de acollida e adaptación, nos esperaban moitas propostas, tarefas e traballiños que facer para poner a aula e ao grupo a punto!

*Facemos as nosas bandexas da merenda- xa que moitos compañeir@s insistían en telas xa.

Para facelas, este curso nos fotografiamos con xestos divertidos  e xunto con estas fotos de cada un estampamos esponxas de distintas cores.

Aquí estamos, cos nosos rostros máis divertidos:

E aquí traballando

Se queres ver como quedaron as nosas bandexas preme

aquí.

 

*Feita a foto de grupo, como cada curso, a levamos para casa, e preparamos una para a porta de clase. Aproveitamos as fotos divertidas para decorar una delas e colocalas coa nosa foto de grupo.

Ademáis, pola parte de atrás da nosa foto, tamén fixemos un horario para que na casa souberan qué actividades tiñamos cada día.

Tiñamos que observar no noso tren do horario

(pendiente de foto)

qué mestres e qué actividades tiñamos cada día para logo pegalos no día da semana correspondente.

(pendiente de foto).

 

*Comezamos a acordar, establecer e rexistrar as normas, tanto nuns carteis para a aula, como de xeito individual para levar para casa. Para elo, fixemos como en cursos pasados: dramatizamos e fotografiamos as normas. Cada día o adicábamos a unha e todavía non as rematamos, polo momento



SOMOS  AMIGOS

 

RECOLLEMOS BEN O MATERIAL

 


NON BERRAMOS

 

NON MORDEMOS-

e moitas outras que rexistraremos nos próximos días. Volas amosaremos cando estean rematadas.

 

*Tamén visitamos por primeira vez este curso novo, o pabellón para a sesión de psicomotricidade e aquí tamén temos unhas normas e o fixemos moi moi ben!

 

*O muro das palabras- os  profes nos tiñan preparado nun enorme mural con algo debuxado sobre o que pensamos qué podía ser (charcos, manchas, ladrillos, pedras, dixemos algún)

e para que podería servir.

Finalmente descubrimos que vai a ser o noso muro das palabras, e que nel cada semana será protagonista unha letra (fonema).

Así que o decoramos con esponxas e color gris, que antes tivemos que crear, mezclando cores.

cada un mezclamos o branco e o gris e fixemos co pincel e dobrando pola metade o papel unha composición abstracta que cando secou, a decoramos con ceras e rotus de cores.

Pero temos que estrear o noso block de debuxo  e alí tamén pintaremos con gris..e moitas outras cores.

 

*Xogo e traballo por equipos- Algúns días tamén nos organizamos por equipos para pasar por distintos recantos (rotando por eles). Para elo, o encargado dese día debía facer os equipos e decidir quén ía con quén.

Así, un dos días, Diego,

 

 despois de levar a cabo as distintas tarefas de encargado, de distribuiu aos compañeiros.

 

Biblioteca.

 

Construíndo carreteras para os coches

 

Casiña

Construccións

 

*Celebramos os cumpreanos de setembro. Este mes na nosa clase non cumpría ninguén pero na aula de Infantil 2 Hugo estivo de cumpre a principios de setembro e lle fixemos unha festa, o venres 27.

Soprou as 4 candeas moi feliz e repartiu  unha tarta riquísima, que o día anterior fixo con axuda de compañeiros aos que foi elixindo.

O profe Oscar creou un libro con todas as recetas que iremos facendo, que tamén está na web de infantil, e así nel podíamos ir seguindo todos os pasos sen olvidarnos de nada.

Uuuumm qué rico estaba todo!!

Agora teremos que ver no noso libro dos cumpreanos a ver quén cumpre en outubro e esperar á festa!

 

*Asisitimos a un contacontos, organizado pola biblioteca municipal.

Tivemos unha contadora de historias xenial, que nos mantivo a tod@s moi atentos e expectantes.