Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2012-2013) Celebramos os cumpleanos do mes de xuño

No mes de xuño David era o único compañeiro que cumplía anos na nosa aula.

Cando comezou o mes comprobamos no cumpreanos que día sería e descubrimos que tería lugar nun día no que xa estariamos de vacións, polo que decidimos facelo cos cumpleanos do mes de xuño.

 

Nesta ocasión xunto con Aroa, compañeira da outra aula, que cumpría anos tamén neste mes, fixeron unha tarta con sobaos, natillas de vailla e chocolate fundido.

Primeiro foi poñer unha capa de soabos.

 

Logo unha capa de natillas de vainilla e preparamos o chocolate fundido

 

Outra capa de sobaos cubrímola con chocolate cubríndoo todo. Para rematar puxemos uns anaquiños de plátano.

 

Así quedou a tarta rematada.

 

Só quedaba metela na nevera ata o día seguinte, cando celebrariamos a festa.

 

O día da festa de cumpreanos soplámo-las candeas correspondentes, contando con coidado para non equivocarse no número.

 

Os dous anfitriós ofreceron tarta a aqueles nenos e nenas que querían probala.

 

E para rematar, gusanitos e patacas fritidas.

 

Aínda nos queda por celebrar a festa de cumpreanos dos compañeiros e compañeiras que cumpren en verán. Xa volo contaremos noutro momento.