Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2012-2013) Investigamos sobre Exipto: comezamos a construír a nosa gran pirámide.

Podes ver os pasos anteriores desde proxecto de investigación nestas entradas:

- Comezamos a investigar sobre Exipto

- Investigamos sobre Exipto: Os xeroglíficos e as pirámides.

Despois de investigar sobre as pirámides, o profe propúxonos unha idea interesante... poderiamos facer unha "gran pirámide" na nosa aula?. Pareceunos uhna boa idea e puxémonos mans á obra.

O primeiro foi acordar con que poderiamos facela: con pedras? con papel? debuxándoa? recortando cartulinas?... estas ideas non foron aceptadas polos argumentos do grupo... finalmente pensamos que a mellor idea sería empregar "cartóns de leite", xa que eran "rectángulos" como os bloques das pirámides.

Ó día seguinte o profe e Noa trouxeron algúns cartóns de leite. Chegarían para facer a pirámide?, contamos que había só 6, e ordeámolos facendo unha escaleira.

A conclusión era clara: NECESITARIAMOS MOITÍSIMOS MAIS CARTÓNS DE LEITE PARA FACER A NOSA PIRÁMIDE.

 

Rápidamente ocurríusenos escribir unha nota para casa pedíndo cartóns de leite, eso si valeiros.

 

E así quedou a nosa nota rematada. 

 

Fixemos tamén un cartel para poñer no corredor, pedindo axuda a tódolos compañeiros e compañeiras do colexio. Esta vez o profe tróuxonos o cartel feito... pero claro estaba escrito "so en xeroglífico", tivemos que traducilo debaixo escribindo nos as palabras correctas... porque en xeroglífico seguro que non o ían entender. 

 

Dialogamos sobre cal sería o mellor sitio para colocalo, de xeito que todos e todas puidesen velo.

- Nas escaleiras: argumentaron que alí non o verían os nosos compañeiros de infantil 1.

- Na parede onde está o timbre: seguro que non o lían os que baixaban da escaleira.

- Na porta da entrada: acordamos que era o mellor sitio porque "todos e todas tiñan que ir ó recreo por esa porta".

 

Así quedou o noso cartel, cunha esfinxe que Gabriel quixo incluir no mesmo.

 

Ó día seguinte xa xuntaramos unha chea de cartóns, e o profe xa montara un "esqueleto" para poder ir colocando os "bloques" da pirámide.

 

Como os tiñamos que colocar?

Xurdiron varias teorías:

- facendo paredes: algún compañeiro argumentou que as paredes eran "dereitas" e non "torcidas" como as das pirámides.

- pegando os bloques no esqueleto: argumentaron que non se podían pegar, porque o esqueleto por dentro só tiña cordas.

- recortando os cartóns en triángulos: algúns compañeiros argumentaron que as pirámides de verdade estaban feitas de bloques "cuadrados" así que, seguro que podía facerse sen recortalos.

- facendo escaleiras: esta foi a idea que todos aceptamos e que decidimos poñer en práctica.

 

Comezamos pegando os primeiros bloques na base, empregando cinta de dobre cara, que non era nada doada de "despegar", había que usar os dedos dunha forma moi precisa.

 

Ademáis, así os bloques pegábanse ós nosos dedos... era moi curioso e divertido.

 

Por turnos fomos pegando os primeiros bloques.

 

E día a día estamos a engadir os novos cartóns de leite que van chegando á nosa aula.

 

Como nas "de verdade" leva moito tempo construír unha pirámide... xa vos contaremos como queda cando estea rematada.