Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

Xornada 16: Reamatando a aula virtual e reflexión sobre o PFAC

Esta foi a última xornada presencial do PFAC, xa que a vindeira e última será de traballo persoal (ver apartado de traballo persoal neste mesmo apartado).

1 sesión de docencia: na que se afondaron outra serie de aspectos relacionados co uso e manexo da aula virtual, e  achegamento ás licenzas "creative Commons" e o seu uso no servidor Abalar.

1 sesión de traballo en grupo: na que se rematou o traballo iniciado no curso creado na aula virtual en sesións precedentes. Tamén se levou a cabo unha reflexión e avaliación do PFAC, acordando rematala e facer aportacións en redeiras.