Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Rematámo-lo segundo trimestre

Antes de rematar este curto segundo trimestre, aínda tivemos tempo para: 

XOGAR COS NÚMEROS:

Xogamos cos números recolectando a cantidade de obxectos indicados.

 

Para logo representalos nun plano, indicando o nome de cada obxecto e a cantidade total, orientándoos no espacio uns en relación ós outros.

 

 

FACER UN REGALO PARA O DÍA DO PAI:

Como o día 19 de marzo se celebraba o "día do pai" decidimos facerlle un regalo ó noso pai ou avó.

Dialogamos durante un anaco sobre un obxecto que trouxo o profe:

- de que estaba feito?

- para que serviría?

- como se poderia facer algo así?

Xurdiron moitas teorías e ideas ata que chegamos á conclusión de que se trataba dun "lapiceiro-pisapapeis", que serviría para gardar lápices e ademáis evitar que os papeis "saísen voando co vento".

 

Pareceunos curiosa a idea de facer un lapiceiro-pisapapeis de plastilina. Como iamos a facelo? que precisariamos? 

O primeiro foi elaborar entre todos e todas, no encerado, unha lista do material que criamos necesitar: plastilina, alkil, rotuladores, pedras para decorar...así como a cantidade de cada un deles.

 

Xa co anaco de plastilna na man, e despois de escoller cada quen a cor que prefería indicando o seu nome, atopámonos co primeiro dos problemas... Non era nada doado facer unha bola cun anaco tan duro de plastilina nova. Que podiamos facer?

 

Distribuímonos en diferentes mesas para traballar máis cómodos, e xurdiron diferentes "estratexias" para convertir ese anaco de plastilina nunha bola.

Empregar un rodillo parecía unha boa solución.

 

Outros fixeron pequenos anacos empregando a tesoira para cortar a plastilina.

 

Depóis dun tempo todos e todas demos feito a nosa bola de plastilina. Tiña que ser plana pola parte de abaixo, foi moi divertido darlle golpes contra a mesa para que quedase plana :)

Fixemos os buratos para meter os lápices empregando un rotulador... e facendo algo de forza.

 

Decorámos o noso lapiceiro-pisapapeis con pequenas pedriñas que nos deixou a profe Ángela.

 

Cun pouco de ALKIL conseguiriamos que quedase moi duro, que se pegasen as pedras, e ademáis fose moi brillante.

 

Deixámolos secar ata o día seguinte...

 

E conseguimos ter os nosos lapiceiros-pisapapeis rematados.Cantos habia de cada cor?

 

Cada quen escolleu a cor do celofán e do lazo que ía empregar para envolvelo. Tan só quedaba escribirlle algo na nota que ía pendurada do lazo.

 

Así quedou o noso regalo case listo...

 

Faltaba aínda decoralos empregando gomets ou calquera cousa que quixeramos.

 

E por fin estaban listos para poder levalos para casa.

 

 

 

ELABORAR O NOSO BOLETÍN TRIMESTRAL: "As novas da escola"

Antes de rematar o trimestre, elaboramos como sempre o noso boletín "As novas da escola", onde recordamos todo o que aprendimos e fixemos neste trimestre, para así poder contalo na casa.

 

Nesta ocasión secuenciamos no tempo tres feitos que tiveron lugar neste trimestre: o día da paz, o entroido e a visita ó salón do libro... Tivemos que darlle unhas cantas voltas ata que as demos ordenado de más "antiga a maís recente". Escribimos tamén que sucedía en cada imaxe.

 

Indicamos no noso boletín algunhas das fases do proxecto de investigación sobre os "dinosaurios" que rematamos no trimestre. Escribindo ou pegando o texto (segundo a idade) dos pasos que se levaron a cabo (investigar, contar e excavar). Resultounos curioso lembrar todo o que fixemos para descubrir cousas dos dinosaurios...

 

Podes ler a folla interna "así foi o terceiro tirmestre" destinada ós pais/nais, que se xuntou a este boletín que os nenos e nenas levaron para casa. Descárgao aquí

 

 

 E NO COMEZO DO TERCEIRO TRIMESTRE....

Tan só nos queda esperar a que rematen as vacacións para, á volta embarcarnos nunha nova investigación e facer un seguimento de como "medran as prantas qeu sementamos xusto antes de marchar"... pero iso xa o contaremos máis polo miudo outro día :)

AdxuntoTamaño
Así foi o terceiro trimestre (pfd)3.82 MB

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.