Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2012-2013) Celebrámo-los cumpreanos do mes de marzo

Cando comezou o mes de marzo e cambiamos a folla do noso calendario de cumpreanos, descubrimos que este mes cumprirían anos PABLO, MARTÍN e AITANA, xunto a DAVID e SARA da aula do lado.

Como sempre o primeiro foi anotar no calendario da aula, o día que faríamo-la tarta. Así cada día poderiamos ir contado cantos días faltaban para que chegase ó día sinalado.

Uns días antes da data sinalada, levamos para casa a nota cos ingredientes que cada un dos  homenaxados debería traer para facer a tarta do seu cumpreanos.

Cando xa os tivemos todos fomos comprobando que non faltase ningún:

 

E para asegurarnos fómolos escribindo nunha lista entre todos e todas.  Nalgúns casos foi moi doado, porque aparecía escrita a palabra no envase.

 

Anotamos tamén o número da cantidade que había de cada un: 4 caixas de galletas, 3 plátanos, 1 bote de nata...

 

O día da elaboración da tarta puxémonos mans á obra:

O primeiro foi desmenuzar as galletas "NAPOLITANAS" e esmagalas cun rodillo dentro dunha bolsa.

 

Con esa "desfeita de galletas" fixemos a primeira capa da nosa tarta.

 

Unha capa de nata montada era o seguinte paso da receita, que o profe ía lendo nun papel onde estaba escrita.

 

Coas froitas cortadas en anaquiños, fomos completando esta segunda capa.

 

Con outra capa de galletas moidas cubrimos a anterior, e outra vez engadimos nata á nosa tarta. Tan só faltaba decorala con anacos de froitas: plátano, mazá, kiwi... e ata unha fresa que nos deu un compañeiro da súa merenda.

Coa nata e  galletas que sobraron, puidemos probar todos e todas "galletas con nata"... gustounos moito :) así que a tarta debería estar "fabulosa".

Coa tarta rematada tan śo quedaba metela no frigorífico.

 

E así o fixemos... tan só quedaba agardar ata o día seguinte.

 

Ó día seguinte, con todo preparado para a celebración dos cumpreanos, trouxémo-la tarta e chegou o turno de soprar as candeas.

Primeiro, tras contar as as cinco candeas que precisabamos, e por suposto, despois de cantarlles o "cumpreanos feliz"; SARA e AITANA e DAVID sopraron con tódalas súas forzas.

 

Como PABLO e MARTÍN, cumprían seis anos, tivemos que engadir unha nova candea ás cinco que xa tiñamos. E novamente tras escoitar outra versión do "cumpreanos feliz", apagáronas dun soplido.

 

Os anfitrións foron repartindo a tarta que elaboraran entre os seus convidados e convidadas.

 

Gustounos moito esta tarta tan especial.. a lástima e que non chegou para que puidesemos repetir.

 

Como sempre rematamos cunha pequena festa con patacas fritidas e gusanitos.

 

Despois de rematar a festa, anotamos na nosa axenda esta celebración para contala, con fotos, na nosa casa.

Que lástima que teñamos que agardar outro mes para voltar a ter un festa como esta.