Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2012-2013) Traballamos en torno á visita ao Salón do Libro- o antes e o despóis.

Xa vos amosamos en entradas anteriores cómo nos foi no Salón do Libro.

Para facer esta saída houbo un traballo previo e un posterior.

O antes-

Uns días antes vimos na pantalla dixital cómo fora a visita ao Salón do ano anterior. Por suposto, por alí andaba ORBIL.

Este curso, decidimos elaborar entre todos (cos compañeiros de Infantil 2) un gran mapa para saber por qué lugares pasaríamos ata chegar alá.

para o cal utilizamos o google map, co bonequiño que se desplaza por ónde ti lle pides, é dicir, polo noso percorrido.

Localizados os puntos máis significativos do camiño, que no mapa estaban sinalados con letras, por orde alfabética, fumos elaborando nós un mapa xigante

 

Cando por fin o rematamos

localizando nel o punto de partida e o punto final, ademáis do rio, e os bosques e montes, pasamos a realizar cada un de nós un individual, que podíamos levar ao día seguinte para guiarnos ou gardalo para mirar nel sempre que necesitáramos.

Había que marcar unha liña que sería o percorrido, que fixemos en forma de S para que nos collera todo no folio.

Ademáis de pegar cada unha das fotos correspondentes aos puntos enclavados no mapa, na orde correcta, escribindo o seu nome.

Xa no autobús, o día da saída, levamos un mapa que o profe Oscar elaborou como o noso pequeniño

e nos serviu de moita axuda, ademáis de comprobar de xeito máis directo que  todo o que víramos na pantalla e reflexamos no papel, realmente se cumpría.

 

O despóis-

Xa á volta da saida, o día seguinte, recordamos entre todos o que alí vimos e fixemos.

Vimos as fotos na pantalla, explicando entre todos cada unha delas, secuenciándoas no tempo, qué fixemos antes, despois,...

Tamén contamos aos compañeiros qué fora o que máis nos gustara, coicidindo a maioría en que o lobo ORBIL,

os contos de Queliña e o parque foron o mellor dese día.

E os escribimos.

("fui al parque",  "fuimos a la máquina de los deseos", "nos contaron cuentos") 3 anos

 

("nos contaron cuentos",  "había máquinas") 3 anos

 

("pasamos por la máquina de los deseos", "Queliña tenía relojes") 4 anos

 

5 anos

Tamén reflexamos nun folio, o compañeiro co que traballamos en parella para o noso traballo, así como o conto que traballamos e a máquina inventada.

("frautista de Hamelim")

 

O lobo ORBIL causou tanta sensación e motivación en nós, que quén sabe, quizáis investiguemos sobre os LOBOS....

Ata pronto!