Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2012-2013) Participamos nas actividades do Salón do libro infantill e xuvenil 2013

Así preparamos a nosa viaxe para asistir ás actividades do Salón do libro, podes velo nesta ligazón:

(2012-2013) Preparamos a nosa visita ó Salón do Libro?... facemos un mapa 

Tamén podes ver como elaboramos o noso traballo para o Salón do libro 2013 na seguinte entrada publicada anteriormente:

(2012-2013) Inventamos máquinas para facer o noso traballo para o Salón do Libro

 

PARTICIPAMOS NAS ACTIVIDADES DO SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA 2013

Por fin chegou o día que tiñamos marcado no calendario, iriamos a participar nas actividades do Salón do libro e a saúdar ó lobo ORBIL.

 

No autobús fomos comprobando, co mapa que elaboramos como modelo, e que era igual o que fixeramos cada un de nos, se iamos pasando por tódolos lugares. Ó final este mapa foi pasando por tódalas mans, tanto na ida como na volta. Fomos descubrindo como iamos pasando por cada un dos lugares, agora ademáis sabiamos como se chamaba cada un deles.

 

Despois de recorrer todo o camiño, chegamos ata o Pazo da Cultura, onde despois de agardar un anaquiño comezou a aventura.

 

PATRI recibiunos na entrada e explicounos o que iamos facer.

 

E por alí pasou ORBIL a saudarnos.... todos e todas puidemos "chocarlle a man". Non sería a última vez que veriamos a ORBIL.

 

Nunha das salas, que estaba decorada como se fose o interior dunha máquina electrónica, QUELIÑA presentounos ós seus tres reloxos e  contounos varios contos...

 

Un deles cuns monicreques moi simpáticos.

 

Despois de despedirnos de QUELIÑA, voltou PATRI para irnos explicando as diferentes partes do Salón do Libro.

 

Amosounos onde estaban os traballos feitos polos colexios participantes... algúns eran moi simpáticos, outras eran máquinas moi curiosas, pero... onde estaría a nosa cámara antiga dos inventos cos nosos libros?

 

Fomos logo a outra sala onde estaba unha máquina de escribir XIGANTE, limos que tiña escrita a palabra ORBIL. Chegamos á conclusión que era a máquina que empregara ORBIL para escribir as nosas invitacións.

 

Pasamos por unha sala chea de poleas, que tal como nos contou PATRI servían para levantar cousas moi pesadas.

 

E xusto ó lado atopamos pendurado do teito un "libro-bicicleta voador"... gustaríanos montar neste aparello? houbo opinións para tódolos gustos.

 

Así de curiosa era a sala das engranaxes. Fomos quen de explicar como criamos que funcionaban as engranaxes.

 

E catro voluntarios, noutra das salas, tiraron dunhas cordas para descubrir catro palabras coas que escribir unha historia para enviarlles ó Salón do libro.

 

E de novo votamos á sala onde estaban os traballos dos colexios, descubrimos desta vez barcos, máquinas, robots...

 

E alí, entre eles, estaba o noso traballo (lembra que podes coñecelo máis polo miúdo na entrada indicada ó comezo deste texto). Segundo nos contaron, polas tardes, cando se pode visitar a exposición libremente, todo o mundo quere meterse debaixo e ver como funciona.

 

Entramos todos e todas na máquina dos desexos... cumpliríanse?

 

Tamén pasamos ó lado dunha emisora de radio, que tamén funcionaba con máquinas.

 

Chegou o momento da despedida, pero antes de marchar PATRI contounos cousas interesantes sobre un "DIRIXIBLE" feito de cartón e madeira que había na entrada.

 

E por último unha foto de grupo con ORBIL, lástima que non o puidesemos levar de volta connosco no autobús.   (fai click na imaxe para ampliala)

 

Xa fora do recinto, e mentras agardabamos a que saísen os compeñiros e compañeiras de quinto curso, chegou o momento de merendar, con moito coidado de non deixar lixo tirado polo chan.

 

Xa cos compañeiros e compañeiras de quinto fomos camiñando ó lado do río ata chegar a un parque.

 

Pasámolo moi ben subindo en tódolos columpios que había no parque.

 

E ata xogamos todos xuntos, os de infantil cos de quinto... pasámolo de medo.

 


QUERES VER MAÍS DO SALÓN DO LIBRO?

Se che parece interesante, se queres ensinarlle todo ós teus pais  ou se queres velo todo máis polo miudo, lembra que podes visitar o salón do libro de forma gratuita ata o 23 de marzo. Consulta o programa de activiadades e horarios na web oficial www.salondolibro.org. 

Podes visitar o salón de luns a domingo tamén polas tardes.