Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2012-2013) Que sabemos do outono?

Unha mañá, mentras faciamos as rutinas, un compañeiro comentou que o patio estaba todo cheo de follas e esinounos unha.

Durante a asamblea xurdiron varias teorías e ideas ata que os compañeiros/as de máis idade acordaron que era por que estabamos no OUTONO.

 

Que sabemos do outono?

Xurdiron moitas ideas (este é un fragmento da nosa conversación)

- caen as follas

- non todas caen, algunhas quedan arriba

- as de arriba son verdes e as do chan marróns ou amarilla

- tamén poden ser grises

- ... e tamén rosas.

- non, non poden ser de cor rosa, as follas non son dese cor.

- caen o chan no outono porque morren e o vento as tira o chan, e por iso son desa cor.

- algúns árbores non perden as follas nunca... son "perpetuos".

-tamén marchan os paxaros a outro lado

- e chove moito con "tronos"

[...]

 

Durante a conversación alguén comentou a nosa árbore da aula non tiña folllas nin nada, e que como era outono había que baixar ó patio a buscalas... pero estaba chovendo así que a alguén se lle ocurriu a alternativa de facelas nos.

Por equipos fomos facendo follas das cores que atopamos nunha imaxe que viamos na pantalla. (verdes, amarelas, laranxas, marróns...)

 

Os membros de cada equipo tiñan que acordar como ian traballar xuntos: que cor ían empregar, como ían a facelo xuntos, como a ía recortar...

 

Ó final cada equipo deu acordado a forma de traballar xuntos.

 

Tamén por parellas fomos facendo outras follas empregando papel de seda... algúns equipos decidiron repartir o traballo un cortando anaquiños e outro pegando. Mentars que outros equipos optaron por estratexias de traballo diferentes.

 

E así quedou a nosa árbore coas novas follas que lle puxemos... pendurámolas como se estiveran caendo da árbore atándoa cunhs fios.

 

Que roupa vestimos no outono?

Entre as cousas das que falamos sobre o outono, tamén dialogamos sobre que "roupa había que vestir no outono" e foron saíndo varias ideas: gorros, paraugas, chaquetas, lubas, botas...

Con roupa que trouxeran o profe da casa, e outra que nos deixou a profe Ángela, vestímonos "de outono" , escollendo e poñendo "de forma autónoma" a ropa que queriamos. Cando algo era complicado de vestir sempre estaba algún compañeiro para axudarnos.

 

Así quedamos todos "vestidos de outono"...  debaixo da nosa árbore.

 

Coa foto que fixeramos completamos unha folla coas prendas de roupa que empregaramos.

E como na foto non tiñamos BOTAS, recortamos unhas e pegámolas nos pes.

 

Os máis pequenos foron pegando as palabras das diferentes prendas de roupa que levaban postos, seguindo indicaban unha flechas.

 

E os de máis idade escribiron, do mesmo xeito, as diferentes prendas de roupa que levaban posta.