Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2012-2013) Proxecto Minerais e rocas- chega información, nos organizamos.

Nestas últimas semanas, como xa contábamos con moito material, comezamos a traballar no noso proxecto de traballo.

Chegou a clase moitísima información,

atopada en internet

libros, enciclopedias,... 

cousas contadas polas familias

así como pedras atopadas en casa, na horta, no cole, que temos que tratar de identificar e catalogar que temos colocadas en caixas."

 Ademáis, un compañeiro estivo nunha exposición de minerais que houbo en Vigo e tróuxonos unhas pedras brillantes e coloridas que se chaman "ágata"

e que si as colocas contra a luz o resultado é moi chulo

Tamén nos trouxo fotos da exposición nun pen-drive e as que máis nos gustaron foron as das pedras preciosas, con esas cores e brilo.

A profe tamén foi a esta exposición e trouxo algúns minerais con formas e cores diferentes, que nos axudarán nalgunhas de nosas preguntas a resolver.

Temos imaxes dalgunhas delas, e xogamos a memorizar os nomes e ver cántas conseguimos recordar ou a relacionar o mineral real co da fotografía; non sempre é doado pois algunhas fotos non son idénticas ás reais e hai que fixarse moito.

Na clasificación e búsqueda de información nos organizamos por equipos. Unhas veces buscamos nos libros, outras nas fotocopias, no ordenador, dependendo da pregunta.

E dentro de cada equipo tentamos de ternos en conta para plasmar o descuberto, pero non sempre é doado falar e poñerse dacordo ou non descolgarse un pouco do grupo. Imos aprendendo, pouco a pouco.

 

 

Ademáis, tamén vimos na pantalla algúns videos moi interesantes que pronto estarán na páxina web.

Na próxima entrada vos contaremos qué foi o que descubrimos ata agora, cómo o plasmamos e que outras actividades e propostas relacionados co proxecto fixemos.

Un saúdiño!