Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2012-2013) Así foron as primeiras semanas deste curso.

Levamos xa dúas semanas de clases e queremos contarvos cómo foron estes primeiros días e este primeiro contacto coa escola para algúns de nós.

A primeira semana a adicamos a coñecernos a través de distintas actividades e xogos.

Así, nos presentamos aos compañeir@s  e falamos das cousas que nos gustan.

Utilizamos as nosas fotos para os diversos paneis de rexistros e rutinas e para ter sempre o noso nome a disposición de tod@s.

Tamén colocamos na porta a nosa foto de grupo, nunha cartolina decorada e cos nosos nomes.

e levamos unha para casa co horario de clase.

Ademáis de coñecer o espacio  e os materiais que imos compartir este curso, pois a estructura da clase cambiou un pouco.

Os primeiros días tamén fixemos un pequeno xogo que a profe tiña preparado, que consistía en atopar pola clase distintos papeis, en total 6, que tiñan escrito cada un unha adiviña.

cando atopamos todas, estaban numeradas, así que unha vez ordeadas, comezamos a descifrar as adiviñas.

Cada adiviña levaba a un obxecto da clase, onde estaba escrita unha palabra.

Coas seis palabras finais ordeadas, límolas para descifrar o misterio.

poñía "hai un tesouro na estantería branca".

Buscamos e alí había un cofre, e o cofre tiña dentro moitas moedas douradas e pratexadas que por dentro levaban chocolate, era un pequeno tesouro de benvida á escola, que decidimos compartir cos nenos de Infantil 2.

Eles, moi contentos, escribíronnos unha carta dándonos as grazas.

e nós quedamos co noso cofre para tentar ir facendo pouco a pouco o noso tesouro, como dixo un neno, "del equipo de clase", onde gardaremos xoias, cousas douradas e todo o que poida representar algo valioso para nós.

Ademáis tamén adicamos algúns momentos a elaborar a nosa bandexa para a merenda, que logo a profe plastificou.

Estes son algúns momentos nos distintos recantos,

na biblioteca

 

no recanto de ordenador,

 

 

con puzles e outros xogos manipulativos

 

disfrazándonos no recanto da casiña,

 

pintanto, recortando, creando,..

 

con materiais das construccións,

 

tentando facer sombras na pantalla dixital,

con xogos de memoria,

 

A raíz do xogo nos distintos espacios foron xurdindo conflictos que nos levaron á necesidade de establecer algunhas normas de convivencia, e nisto estamos a traballar estes días.

Polo momento nos despedimos pero estade atentos que temos máis que contar.

Chao!!!