Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012) Último día de clases- A despedida

Este curso o último día de clases foi moi ameno e divertido e tamén un pouquiño triste, xa que algúns de nós despedímonos do cole- os nen@s de sexto- e outros cambiaremos de aula, mestra, compañeiros- os que pasamos a primeiro.

Como viñemos facendo en cursos pasados, participamos nun xogo de pistas para atopar un pequeno tesouro.

Como somos moitos, dividímonos en tres equipos, identificándonos en cada un deles como

o equipo dos pilotos

 

o equipo dos cabaleiros

 

o equipo dos astronautas

todos eles relacionados cos nosos proxectos de investigación deste curso.

En cada proba, situada nun lugar diferente, a partir dunha pista atopábamos a seguinte e así sucesivamente,

pasando por algúns recantos e espacios do noso cole.

 

a aula de informática e a biblioteca

 

o patio  e  a aula de música (onde había antes que compoñer un puzzle, que resultou ser un xilófono, o lugar onde estaba a seguinte pista, aínda que na aula había moitísimos e aínda custou atopala)

no corredor nalgún dos planetas,

 e outra a tiña algún mestre, que nos dicía unha adiviña e para poder darnos a seguinte pista a tiñamos que acertar. 

 

No sobre de cada unha das pistas tamén atopábamos un tapón solidario cunha letra escrita

cando rematamos todas as pistas, xuntamos os tapóns na orde en que os atopamos e resultou ser o nome de nenos do colexio- Martín (6º), Noelia (5º), Miguel (3º).

e alí, na aula destes compañeiros, se atopaba agochado o noso tesouro, unhas tixeiras superespeciais, que curtan con diferentes formas (ondulado, en picos,..) e que tanto nos gustan, pois na aula temos algunha para compartir.

¡qué chulada! éstas sí as puidemos levar para casa, cada ún a súa...

Nesta xornada, como xa contamos noutra entrada, celebramos os cumpreanos dos nenos que cumpren anos no vran, cun merendola especial que resultou xenial.

Ademáis, e para rematar tivemos unha emotiva despedida na sala de usos múltiples, porque os nosos compañeiros de 6º marchan para o instituto.

A súa titora preparoulles un video cos seus mellores momentos no cole e eles tamén prepararon para nós un video sobre a escola e os profes que lles deron clases ó longo destes anos.

Finalmente, cada un dixo unhas palabras de despedida e recibiu un simbólico regalo do colexio.

Nós tamén os imos votar de menos, moito!

Gracias por virnos visitar en moitas ocasións, por axudarnos cando o precisamos, por organizar e participar con nós en actividades como os xogos populares, a festa do magosto, os títeres na biblioteca, e moitas máis!

Moita sorte no instituto!!!